Outubro 2019 O fixo no pasado Arde Lucus e no pasado San Froilán e… este ano outra vez: marabillar coa seu lápiz dixital ilustrando o máis representativo destas citas lúdico-culturais de Lugo. Falamos do xenial ilustrador lucense Iván Mouronte que tras horas e horas de traballo (desde ir aos concertos a facer fotos dos artistas ata bocetar, descartar, bocetar, acertar…) entrega esta incríble ilustración do San Froilán 2019 dedicada aos artistas e grupos lucenses que tanto protagonismo tiveron nestas festas.

Desde Viva Lugo sinalar que  non se seguiu ningún criterio para a súa elaboración:

– os que están…están e non sabemos decir moi ben porqué: amizade, roce diario, esporádico, porque danse ben para debuxar, porque estiveron en moitos concertos, porque sí…por qué non?

– os que non están…non están e tampouco sabemos decir moi ben porqué: hai varios bocetados e case case case entran na ilustración final, outros foi en plan «e ese quén e?» 😉 , outros non saía o debuxo, tiñamos un tempo límite e un ilustrador ao límite!!!!

Grazas pola vosa compresión.

O Mouronte admite encargos… support ilustradores locais! 

Clic na imaxe e a verás a tamaño completo: