A mostra, que se poderá visitar ata mediados de setembro nas celas de home do Vello Cárcere, consta dunha selección de fotografías e debuxos en distintas técnicas (grafito, pasteis, acuarela, carboncillo, óleos, etc) dos seguintes autores: Ouka Leele, Joan Matamala i Flotats, Carlos Asensio, Bernardí Roig, José Pérez Ocaña, Joaquim Muntañola, Francesc Domingo, Santiago Ydáñez, Eduardo Arroyo, Joaquín Mir y Trinxet, Josep Ministral Agustí, Rafael Barradas, Francisco Bores, Aurelio Arteta, Rosalía Varela, Baldomero Romero Ressendi, Francisco Iturrino, Maruja Mallo, Salvador Dalí, Ramón López Morelló, Xavier Bartomeus, Ramón Palmarola Romeu, André Moïse Weismann, Ángel Díaz Huertas, Luis Eduardo de la Rocha, Emilio Sala Francés, Jordi Curós Ventura, Ricardo Urgell Carreras, Alexandre Crespo López, Ricardo Baroja, Francesc Labarta, Alfredo Opisso Cardona, Vicente Escudero, Alexandre Cirici Pellice.
Organizada pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, a exposición Colección Aitor Merino conta con máis de 100 pezas que exploran a historia da arte e do mundo.
Maite Ferreiro explicou que “é unha colección que conta con moito debuxo, e polo tanto con moita expresión”, e engadiu “cada unha das obras, pacientemente seleccionada, ten por detrás unha historia de desexos, admiracións, ou observacións do mundo”. Para Maite Ferreiro, “ver esta exposición é dar un paseo pola historia grazas ás temáticas diversas que trata”.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte