A Hedreira – Programación de xuño 2023

– PROGRAMACIÓN- (todas as actividades son de balde)
 
| XOVES 1 – 20:00 | «Actuar aquí e agora. Pensando a ecoloxía social de Murray Bookchin», presentación do libro co autor Floreal M. Romero.
Floreal M. Romero pinta un retrato do fundador da ecoloxía social e do municipalismo libertario. Fai un repaso da súa historia, da súa traxectoria crítica e política. Desde o estado español ao Rojava, pasando por Chiapas, o autor propón, a partir de exemplos concretos, formas de elaborar a converxencia das loitas e das alternativas para que xurda un novo imaxinario como poder anónimo e colectivo.
 
| LUNS 12 – 19:30 | «Ecoescritura».
«Xuntarémonos para reflexionar sobre os problemas medioambientais do noso planeta, especialmente, aqueles que afectan a nosa cidade e a súa contorna, e que sentimos como unha ameaza para os nosos ecosistemas locais. Farémolo a través do noso pensamento, escrita e o compartir con outros. Anímaste? Todas as linguas son benvidas!» Prégase, a ser posible, confirmar asistencia no correo: soypalabraescrita@gmail.com
 
| DOMINGO 18 | Aniversario.
Celebramos o primeiro aniversario do centro social. Pronto + info en redes.
 
| VENRES 23 | Lumenovo asociativo (San Xoán).
Un ano máis celebramos o lumenovo. Terá lugar onde sempre, na contorna de Fontiñas-Conservatorio. Pronto + info.
 
| LUNS 26 – 19:30 | Emisión de Radio Fenda. 1º episodio: «Voces Profanas».
Radio Fenda gravará o seu primero episodio en aberto a todas as persoas que queiran participar. Falarase dos eólicos, da dificultade para crear redes asociativas na cidade e exporemos outras formas de entender a saúde mental.
 
| XOVES 29 – 20:30 | Xornadas de curtas Queer con Avante LGBT+ Lugo durante o mes do Orgullo.
 
Nova actividade
Danza do ventre.
Horario e info das actividades fixas na web:https://ahedreira.noblogs.org/programacion-xuno-2023/