A UNED organiza dende Lugo o I Congreso Internacional sobre Aprendizaxe-Servizo en entornos dixitais

Do 25 ao 27 de xuño de 2025, a UNED organiza dende o seu Centro Asociado en Lugo o I Congreso Internacional sobre Aprendizaxe‑Servizo (ApS) en entornos dixitais: innovación e compromiso na universidade do século XXI, un evento pioneiro que reunirá participantes de sete países en formato maioritariamente en liña.
O congreso, dirixido pola profesora Miryam C. González Rabanal y coorganizado pola UNED de Lugo e polo Grupo de Innovación Docente GID 2016/16 , conta co apoio do Vicerreitorado de Internacionalización e Multilingüismo da UNED, o Departamento de Economía Aplicada e Xestión Pública, o Centro Asociado da UNED en Lugo, así como coa colaboración do Concello de Lugo e da Deputación de Lugo.
A actividade celebrarase en formato híbrido, con opción de seguimento presencial e virtual (en directo ou en diferido), e outorgará 0,5 créditos ECTS tras completar 16 horas lectivas.
O programa inclúe a intervención de máis de quince poñentes nacionais e internacionais, especialistas recoñecidos no ámbito do Aprendizaxe‑Servizo e a innovación educativa, que achegarán experiencias e reflexións dende universidades e entidades sociais de España, Europa e América Latina.
O Congreso busca ampliar a visibilidade do valor transformador do ApS, favorecer sinerxías entre universidade e administracións públicas, e contribuír á promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) no eido universitario.
Máis información e matrícula / Más información y matrícula:
https://extension.uned.es/actividad/44887&codigo=CIAEE