Aberta a inscrición en cursos do «+Xti»
+Xti, unha programación organizada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.
Aberta a inscrición en cursos do "+Xti"

A área de Muller, Igualdade e Xuventude do Concello de Lugo informa que a través de Prevención de Drogas e outras adiccións abrirá nos vindeiros días varios prazos de inscricións, para diversas actividades enmarcadas dentro do +Xti, unha programación organizada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.

Cursos:

Curso homologado de manexo de carretillas elevadoras, destinados a lucenses de 18 a 55 anos, empadroados en Lugo. Hai 18 prazas e a actividade ten unha duración de 15 horas. A incrición é ao longo desta semana, do 24 ao 26 ata cubrir prazas, a través do enderezo maisporti@lugo.gal, A actividade, que é gratuíta, desenvolverase no mes de xullo, no Centro de Formación do Transporte de Lugo (En Garabolos).

Curso de educación ambiental. As inscrición realizaranse ao longo desta semana, presencialmente no terceiro andar do Uxío Novoneyra. Estas instalacións acollerán o curso, tamén gratuíto, de 10:00 a 14:00 horas, de luns a xoves, do 29 de xuño ao 14 de xullo. Hai 10 prazas para rapaces e rapazas de 18 a 35 anos e conta cunha duración de 50 horas.

Curso de reparación de móbiles e electrónica básica, Será do 1 ao 15 de xullo, tamén no Uxío Novoneyra, de luns a venres en xornada de mañá, tamén destinado a mozos e mozas de 14 a 35 anos. Conta con 10 prazas e as inscricións tamén están aberta