Aberto o prazo de inscrición nas Xornadas Pedagóxicas da Rede Museística, dirixidas a docentes e profesionais de museos
As xornadas, que se celebran do 25 ao 26 de maio e do 1 ao 2 de xuño nos museos da rede, inclúen relatorios de responsables da área de Educación dos Museo do Prado ou do Museo Thyssen Bornemisza
A Rede Museística Provincial ven de abrir o prazo de inscricións na vixésima edición das súas xornadas pedagóxicas, unha proposta formativa dirixida a docentes, profesionais de museos e estudantes de titulacións relacionadas coa museoloxía, que se celebrará do 25 ao 26 de maio e do 1 ao 2 de xuño nos catro museos da Rede.
Baixo o epígrafe “O poder da educación nos museos”, as xornadas inclúen relatorios e mesas redondas sobre o cometido educativo dos museos a cargo de persoal da Rede, e persoas expertas doutros museos coma Ana Moreno, coordinadora da área de Educación do Museo Nacional do Prado ou Rufino Ferreras, xefe da área de Educación do Museo Thyssen Bornemisza, ademais de artistas visuais como María Gar e Virgina Rivas.
As incricións están abertas ata o 20 de maio. As persoas interesadas poden reservar praza no enderezo electrónico concertacionsrmpl@gmail.com
no caso dos profesionais dos museos e estudantes e do Sistema de Xestión de Formación do Profesorado (eduxunta.gal/fprofe) no caso dos
docentes, xa que a actividade conta co recoñecemento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
A temática das Xornadas Pedagóxicas apunta na liña do lema co que se celebra este ano o Día Internacional dos Museos, unha efeméride que se
conmemora o 18 de maio a proposta do ICOM , e que este ano propón reflexionar sobre “O poder dos museos”, poñendo o foco na capacidade
destes espazos culturais para transformar o mundo que nos rodea, “descubríndonos o pasado e abrindo as mentes a novas idea.
Primeira xornada: 25 de maio de 2022
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Programa:
16:00h-16:30h – Presentación das xornadas e entrega material
16:30h-17:00h – “Museos e educación. Ante o reto da pandemia: programación multicanle”. Encarna Lago, Xerente da RMPL.
17:00h-17:30h – “Situando al Museo desde la acción educativa”. Ana Moreno, Coordinadora da Área de Educación do Museo Nacional do Prado.
17:30h-17:45h – Descanso
17:45h-20:15h – “Introdución á programación escolar do MPL a través de casos prácticos”:
“Rumbo 2030. Os museos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”. José Urbano Cuevas, Auxiliar de Sala da RMPL.
“Do museo á aula: escape room online e maletas viaxeiras”. Victoria García e Javier Rego, Auxiliares de Sala da RMPL.
“Efecto espello: Retrato, autorretrato e selfie”. Lucía Dequidt, Guía do MPL.
“ Visita ao Lugo Romano”. María Losada, Guía do MPL.
As Rutas literarias do MPL: literatura, patrimonio e traballo en equipo”. Omar L. Canto, Auxiliar de Sala da RMPL. “Museum outing. Museos que saen do armario”. Pilar Sánchez, Auxiliar de Sala da RMPL.
20:15h-20:35h – “Hackeando o discurso dos museos”.
Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo; Carola Casal, Museóloga-Conservadora, investigadora de Museos. Docente. Divulgadora. Xestora Cultural ; José Urbano Cuevas, Auxiliar de Sala da RMPL, e Vega L. Segalà, Samuel García e Sara Campo, Club Pequeamigxs e Club EI! da RMPL.
20:35h – 21:00h – Mesa de debate e clausura.
Segunda xornada: 26 de maio
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
Programa:
16:00h-16:45h – Saída de Lugo e viaxe ao Museo San Paio de Narla
16:45h-17:15h – “Como traballar desde a educación os recursos do territorio”. Alexandra Rey, Xestora cultural, artista e deseñadora gráfica.
17:15h-17:45h – “O noso heroe volve a casa. O neno de Friol que levou a primeira vacina ata América”. Antonio López Jo, xornalista.
17:45h-18:00h – Descanso
18:00h-18:30h – “Comunidade e territorio. A proposta pedagóxica “Fotografías centrípedas”. Patricia Coucheiro, Mestra e comunicadora audiovisual.
18:30h-20:30h – “A programación escolar do Museo Fortaleza San Paio de Narla”. Paula Arias, Ariadna Segalà e Rosa Sanmartino, Auxiliares de Sala da Rede Museística Provincial de Lugo.
20:30h-21:00h – Debate e clausura
21:00h – Viaxe de clausura a Lugo.
Terceira xornada: 1 de xuño, modalidade presencial.
Lugar: Museo Pazo de Tor
Programa:
16:00h-16:45h – Saída de Lugo e viaxe ao Museo Pazo de Tor.
16:45h-17:15h – “Ronsel de futuro. A webserie como recurso didáctico”. Encarna Lago (Xerente da RMPL), Rubén Pérez e Brian Rodríguez (Sr. López
Producións).
17:15h-19:15h – Obradoiro a cargo de María Gar, artista.
19:15h-19:30h – Descanso
19:30h-20:30h – “Introdución á programación escolar do Museo Pazo de Tor a través de casos prácticos”.
“O teu gabinete de curiosidades”. Verónica Fernández e Simón Vicente, Auxiliares de Sala da RMPL
“Travesía pola historia do Pazo de Tor”. Tar López, Encargado de Auxiliares de Sala da RMPL.
20:30h-21:00h – Debate de clausura
21:00h – Viaxe de regreso a Lugo
**DISPOÑIBILIDADE DE AUTOBUSES
Cuarta xornada: 2 de xuño
Lugar: Formato online. Museo Provincial do Mar Programa:
16:00h-16:15h – Inicio da conexión e presentación
16:15h-16:45h – “Hibridar el museo. Sobre pizarras, tizas y gafas de realidad aumentada”. Rufino Ferreras, Xefe da Área de Educación do Museo Thyssen Bornemisza de Madrid.
16:45h-18:45h – “Mulleres artistas. 500 anos, 2 décadas”. Virginia Rivas, artista.
18:45h-19:00h – Descanso
19:00h-20:00h – “Introdución á programación escolar do Museo Provincial do Mar”. Ángeles Miguélez, Encargada de Auxiliares de Sala.
20:00h-21:00h – “Un ronsel de futuro. A educación nos museos da RMPL: de onde vimos e cara onde imos”. Coloquio co persoal da Rede Museística
Provincial de Lugo.