O Colectivo Glovo anunciou os resultados do proceso selectivo de residencias artísticas e de investigación, que baixo o nome Atopémonos Bailando permitirá ás profesionais de danza e artes do movemento realizar as súas investigacións en Lugo entre os meses de maio e novembro.

En total, presentáronse 93 proxectos. Os 6 proxectos escollidos son os seguintes:

Sofía Kafol – Portugal

Paula Quintas – Galiza

Lucía Marote – Madrid

Sabela Mendoza – Galiza

Alba González Herrera – Madrid

Sonsoles Cordón – Galiza

 “Con Atopémonos Bailando desde a área de Cultura do Concello de Lugo consolidamos o noso apoio ao sector da danza facendo fincapé con este proxecto na primeira fase de investigación e creación de espectáculos, xunto cos outros proxectos da cidade como poden ser o Festival Cartografía en Movemento e o Ciclo LED Lugo En Danza”, declarou o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo.

O proxecto Atopémonos Bailando ten como obxectivos impulsar e apoiar a creación e investigación en danza e artes do movemento de compañías de ámbito galego, estatal e internacional creando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención ás creadoras de Galiza, e difundir e achegar os procesos de creación en danza contemporánea á veciñanza a través dunha programación de calidade, diversa, innovadora, internacional e gratuíta.

Toda a información pode atoparse na web  do proxecto http://www.atopemonosbailando.com/

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, presentou xunto con integrantes do Colectivo Glovo e Jacobo Sutil, presidente da AGADIC os resultados do proceso selectivo de "Atopémonos Bailando"