Actividades en Lugo polos «Días Europeos da Artesanía». A Vicepresidencia da Deputación organiza obradoiros de cestería e demostracións de pintura mural, traballo con pedra e tecido con esparto do 27 de marzo ao 2 de abril en Reque.
O programa contempla obradoiros de cestería orientados ao público en xeral que estarán dirixidos polas artesás Beatriz Valín, Carlos Rubio, Carmen Fieiras, Idoia Costa e María Folgueira. Durante a fin de
semana, Álvaro Leiro máis enfocada a cesteiras e cesteiros profesionais.
O prazo para as inscricións está aberto desde o 21 ao 24 de marzo. As persoas interesadas en participar poden solicitalo a través do enderezo
electrónico lugardereque@deputacionlugo.or
O programa inclúe tamén demostracións, que non requiren inscrición previa, dirixidas por Doa Ocampo, que desenvolverá un dos seus murais da
serie Reforestando; Xabier Quijada que traballará na restauración do forno do Lugar de Reque e Agnes Baldomá, que traballará o tecido con fibras vexetais.
PROGRAMA
DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA ao redor do Fogar de Reque – Lugar de Reque
OBRADOIROS
Luns, 27 de marzo:
Cesta de lazos con Carmen Fieiras
Martes, 28 de marzo:
Cesta mixta con Beatriz Valín
Mércores, 29 de marzo:
Cesta de láminas de madeira con María Folgueira
Xoves, 30 de marzo:
Cesta de cogumelos con Idoia Cuesta
Venres 31 de marzo
Cesto con asa de pau co Carabel Ecocestos
Sábado e domingo, 1 e 2 de abril
Cestería en espiral con Álvaro Leiro
DEMOSTRACIÓNS
Do 27 de marzo ao 2 de abril – Pintura mural proxecto Reforestando con
Doa Ocampo
Do 29 ao 31 de marzo – Traballo coa pedra para a restauración con
Xabier Quijada
1 e 2 de abril – Tecido con esparto con Agnes Baldomá