As novas actividades infantís na praza de Abastos e no Mercado terán lugar nas mañás dos sábados de xaneiro, febreiro e marzo, en horario de 11 a 14 horas. As actividades consistirán en obradoiros de reciclaxe, creatividade e cociña, adaptadas ás idades das nenas e nenos presentes.
Organiza: Área de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo
Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, anunciou a nova programación de actividades infantís na Praza de Abastos e no Mercado Municipal, co obxectivo de «facilitar que as nenas e nenos poidan divertirse e aprender mentres as familias realizan as súas compras na Praza de Abastos e no Mercado Municipal».
A concelleira de Participación afirmou que «continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións”. Cristina López animou á veciñanza a “realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación”.