Novo premio para o home que leva a fotografía na sangue nesta cidade, o lucense Adra Pallón. O seu proxecto «A outra festa» acada o 3º premio no certame da Xunta: Xuventude Crea 2020.
O Xuventude Crea é o certame galego de creadores novos – ata 30 anos – que promove a Consellería de Política Social en moitas especialidades: Artes plásticas, Banda deseñada, Cociña, Creación de videoxogos, Danza moderna, Deseño de xoias, Fotografía, Graffiti, Moda, Música, Novela curta, Poesía, Teatro, Videocreación.
A gala de entrega de premios será o sábado 19/12 ás 11:30 e pode seguirse en streaming no seguinte link.
Recordemos que Adra Pallón acaba de gañar o premio Galicia en Foco 2020
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte