Eloxiemos Agora a Persoas Famosas
Xente con clase
Fotografías de Adra Pallón
O fotógrafo sae á rúa aínda que chova, faga frío ou neve. Ás veces ata pensa «chove, xenial, salgo facer fotos das xentes e a choiva, de cómo vive Lugo os días grises e mollados»
Ao mellor foi o que pensou Adra Pallón – Premio de foto-xornalismo Galicia en Foco 2020 – para esta serie fotográfica. Non o sabemos. Non hai preguntas.
Comparte con nós un proxecto fotográfico que sabe que vai ser eterno, un proxecto de vida, en forma de series que compón sen importar a data da toma (antes ou durante a covid), priorizando o relato… non hai preguntas para o Adra, non é necesario.
Compartimos hoxe a quinta serie fotográfica de «Eloxiemos Agora a Persoas Famosas – Xente con clase». Chegou ao mail co título «Días de mal tempo», como o de hoxe, luns 27/09/2021.










Lugo na mirada de Adra Pallón – Ver primeira serie do proxecto
ADRA PALLÓN
Lugo. Fotoxornalista.
+ de Adra Pallón en Viva Lugo:
Adra Pallón 3º Premio Xuventude Crea Fotografía 2020
A mirada de Adra Pallón sobre a Praza de Abastos de Lugo II






