Eloxiemos Agora a Persoas Famosas

Xente con clase

Fotografías de Adra Pallón
 

Continuamos a gozar da relación do fotógrafo lucense Adra Pallón – Premio de foto-xornalismo Galicia en Foco 2020 – con Lugo, coa cidade e as súas xentes, a través das súas fotografías.

Un proxecto de vida que vai compartindo con nós en forma de series que compón sen importar a data da toma (antes ou durante a covid), priorizando o relato.

«Todas estas fotografías xorden baixo a seguinte premisa:
  ver a cidade e a realidade a través dunha serie fotográfica que describa non ao individuo como tal senón ao colectivo”  Adra Pallón – Lugo 16/08/2021

Compartimos hoxe a cuarta serie fotográfica de «Eloxiemos Agora a Persoas Famosas – Xente con clase». Pola fotografía, pola cultura, por tempos máis pausados, reflexivos e críticos: a ver amodiño…