A segunda mostra de fotografía do Xanelas Abertas consiste nunha colección de magníficas imaxes, feitas pola lucense Lorena Grandío, nas que se pode ver o saber facer tradicional, a artesanía e a alta costura dende a súa forma máis pura, de Sara Lage. As señas de identidade da mostra márcanas o deseño, a vangarda e o estudo dos patróns e a investigación de texturas e novas formas de bordado que caracterizan á innovadora modista de Lugo

A mostra está ubicada nas ventás do Círculo das Artes, na rúa Bispo Aguirre e forma parte das actividades previstas no festival de arte urbano Culturban para mostrar a obra das e dos artistas locais, que están a ser premiados, nomeados ou apoiados polo seu talento e proxección en distintas partes do mundo.

A mostra está organizada pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto co Espazo LUPA Arte, e conta coa colaboración do Circulo das Artes

Sara Lage (Lugo, 1985)

Técnico Superior en Indumentaria Textil na escola superior de deseño Felicidad Duce de Allariz, Modista e fundadora do taller de noivas Sara Lage

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro visitou a mostra fotográfica xunto coa artista local Sara Lage