A área de Xuventude propón, ata outono, unha programación de andainas de sostibilidade e igualdade dirixidas á mocidade activa do municipio para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria.
O número de prazas para cada unha delas é de 25 e a hora de saída será sempre ás 10:30 horas, no Parque Rosalía de Castro –diante do busto da escritora- no caso das andainas de sostibilidade e na Praza Maior – nos soportais do Concello – para as de igualdade. Os guías locais Guido Álvarez Parga e Lidia de la Fuente serán os encargados, respectivamente, de dirixilas.
As inscricións, de xeito provisional, realizaranse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.
A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:
1.Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar).
2.Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do ontrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda).
3.Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes.
4.E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade.
As datas a conmemorar son as seguintes:
Sostibilidade:
12 DE AGOSTO: DÍA MUNDIAL DA XUVENTUDE
29 DE AGOSTO: SEMANA MUNDIAL DA AUGA
4 DE SETEMBRO: MOBILIDADE SOSTIBLE
19 DE SETEMBRO: DÍA MUNDIAL DA LIMPEZA
Igualdade:
18 DE XULLO: NACEMENTO DE XULIA MINGUILLÓN
8 DE AGOSTO: MULLERES NA HISTORIA DE GALICIA
12 DE SETEMBO: NACEMENTO DE EMILIA PARDO BAZÁN
17 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA NENA E DA MULLER RURAL
21 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO