A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo elabora e comparte unha vez á semana un boletín con información cultural e últimas novas sobre o coronavirus. Xa está dispoñible o que vai do xoves 07 ao mércores 13 de maio de 2020 no seguinte link – pdf – da web do concello.

Desta volta informan sobre a suspensión das actividades da semana da maxia e do festival de música do corpus,  o proxecto «tecendo brincadeiras», as actividades on line dos museos municipais da cidade,  e o mellor que se está a compartir nas redes en canto a cultura e a arte on line, entre outras informacións. 

Acceso ao Boletín de información cultural da área de Cultura de Lugo – 12