A Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude pon en marcha o certame Lugo pola igualdade, que, ao redor do cancelo #Lugopolaigualdade, recompilará vídeos na rede social Tik Tok para concienciar e loitar pola igualdade de xénero e en oposición ao machismo. Este certame forma parte dos actos organizados pola Casa da Muller, e que se presentarán os vindeiros días, para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Para participar nesta iniciativa non é necesario dispoñer de equipos profesionais, basta cun teléfono móbil e unha boa historia que contar. Formar parte de dito certame é tan sinxelo como subir un vídeo á platagorma TikTok, co cancelo do concurso e cubrir o seguinte formulación de inscrición: https://cutt.ly/bkTLeQB, onde tamén se poden consultar as bases.
A temática xira ao redor da igualdade de xénero, ben sexa igualdade no deporte, en oportundiades laborais, en tarefas domésticas, denuncia de relacións tóxicas, empoderamento ou detección de micromachismo, entr eoutros. A duración máximo dos vídeos será de 60 segundos e pódense empregar todas as posibilidades creativas que proporciona a propia rede social TikTok.
Con este certame, estímulase a capacidade creativa da cidadanía á vez que se potencia a reflexión e concienciación pola igualdade de xénero, subliñou Ana Abelleira, quen fixo fincapé en que se elixiu a plataforma TikTok pola súa alta penetración nos estratos da xuventude e pola facilidade de creación auditovisual que proporciona.
Premios e inscrición
O certame conta don dous premios, un primeiro premio dotado con 200 euros e un segundo premio dotado con 100 euros. A data límite para a inscrición é o 10 de marzo de 2021 e as persoas gañadoras daranse a coñecer o 16 de marzo. Como requisito, é necesario que a persoa participante viva, estude, traballe ou nacera en Lugo.
Suma de forzas pola concienciación pola igualdade
Este certame enmárcase dentro do proxecto nacional Rodando por la igualdad, que aglutina numerosos certames locais similares con temática de igualdade de xénero, tales como Albacete, Ibiza, Córdoba, Denia, Logroño, Pamplona, Rincón de la Victoria, San Agustín de Guadalix, Santa Cruz de Tenerife, Santander, Siero, Montehermoso, Miranda de Ebro, Huercal de Almería, Coslada ou Badía del Vallés; que suman forzas no obxectivo común da concienciación pola igualdade e contra o machismo. As obras gañadoras de cada certame local competirán entre elas para dirimir cal é a mellor obra a nacional, premio cunha dotación económica de 500 euros, que se darán a coñecer o 25 de marzo.