Concertos, mercadiño e moito máis na Festa da Tinería 2024.
14 de setembro, desde as 12:00 ata a noite.

O vindeiro 14 de setembro volve a Festa da Tinería, un evento organizado pola Asociación de empresarios da Tinería. 

Nesta terceira edición, os asistentes disfrutarán dunha xornada nas rúas do barrio con música en directo, un mercadiño de artesanía e produtos e servizos locais, así como obradoiros e actividades para toda a familia.

O programa de concertos é o seguinte:

12:00 Concerto de “Virtua Tennis”

13:30 Concerto de “Louband”

15:00 Actuación de “La Duendeneta Djs”

20:00 Actuación: “Karaoke con Esteban”

22:00 Concerto de «Malenne»

Tamén haberá 3 obradoiros de artesanía abertos aos asistentes:

INFO sobre os obradoiros da Festa da Tinería!!! Achégate👏 este sábado 14/09:

✅ «Este sábado, ven a descubrir o fascinante mundo do telar co obradoiro que impartirá @fusaiola ! Unha actividade perfecta para disfrutar en familia.

📍 Ubicación: Oficina de Turismo de Galicia, patio interior, Rúa Miño nº 12

🕛 Horario: de 12:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00 ��
Sen inscrición previa e totalmente de balde. ¡Anímate a participar!»

✅ «Este sábado, non só haberá música e un mercadiño cheo de sorpresas, senón que tamén poderás disfrutar de actividades como este marabilloso obradoiro de cartón pedra con @margaportomene !

📍 Ubicación: Taller de Marga Portomeñe, Rúa Miño nº 32 


🕛 Horario: de 12:30 a 14:00 e de 17:00 a 18:30 

Unha oportunidade única para aprender esta técnica artesanal e crear a túa propia peza. Este obradoiro está aberto a toda a familia, sen inscrición previa e de balde. ¡Non o perdas!»

✅ «Non quedes sen participar no obradoiro de coiro que ofrecerá @trescaracolesartesania! Este sábado terás a oportunidade de aprender sobre esta arte tan especial.



📍 Ubicación: O Portón, Rúa Falcón, 5 
🕛 Horario: de 12:30 a 14:30 e de 18:00 a 20:00 

Este obradoiro está aberto a toda a familia, sen inscrición previa e de balde. Ven a coñecer as técnicas do traballo do coiro e crea algo único!»

Obradoiros organizados en colaboración con @artesania_de_galicia

🎉 III FESTA DA TINERÍA
👉 Sábado, 14 de setembro

Organiza: @itineris.tineria
Patrocina: Turismo – Xunta de Galicia