Maio 2019 O Arde Lvcvs Cvltvral celebra dende este venres, 31 de maio, e ata o mércores, 12 de xuño, un ciclo de charlas sobre distintos temática da historia Antiga Roma. Trátase das conferencias da Cohors III Lucensium, que cumpren 10 anos nesta edición. Todas elas serán ás 20:00 horas no Vello Cárcere. A entrada é libre ata completar a cabida.
O historiador Felipe Arias, o catedrático de xeografía Rubén Camilo Lois González, o arqueólogo municipal Enrique González, o arqueólogo Iván Álvarez, a Directora do Museo Privincial de Lugo, Aurelia Balseiro, os arqueólogos Enrique Alkorta e Ceslo Rodríguez, a escritora Ana Mar Fraga, a licenciada en dereito Beatriz Pelayo, o escritor Daniel Cuadrado e o arqueólogo Marco Almansa serán os encargados de dirixir os distintos relatorios que versarán sobre temas tan diversos como o Templo de mitra, o código militar romano, a cerámica romana ou a minfería romana, entre outros. Pechará esta programación o concerto de Abraham Cupeiro.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte