Axenda en branco e fundido a negro para a cultura ata que pase o 17 de febreiro. As novas medidas da Xunta de Galicia contra a covid 19 inclúen a suspensión de toda actividade cultural e o peche de museos, bibliotecas, cines, teatros, auditorios, salas de concertos, centros culturais de calquera tipo.
Agardamos que o fundido a negro non sexa definitivo para a xente dun sector cultural inxustamente tratado na xestión desta pandemia. A cultura é segura e debe seguir no noso día a día nas nosas vilas e cidades. Que sexan os menos os que non poidan retomar a súa actividade cultural dentro de tres semanas.
Nun momento crítico, con moitos veciños e veciñas contaxiados e loitando contra a covid, que o sacrificio profesional e persoal que estamos a facer entre todos non sexa en balde. Que sexan cada vez menos as xentes que sufren. Coidémonos. Entre todos e todas sairemos adiante.