O Espazo de Fotografía da USC comeza a mediados de outubro a súa programación no Campus de Lugo coa celebración do curso ‘A túa cámara, o caderno de notas para crear a través da imaxe’. Este módulo formativo, impartido por Adra Pallón e estruturado en 25 horas, ten como obxectivo central asimilar
a técnica fotográfica para ser quen de expresarnos a través da linguaxe fotográfica.

As sesións formativas deste módulo de carácter práctico desenvolveranse na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo en quenda de tarde, de 16.15 a 20.15 horas, os días 15 e 29 de outubro, 5, 19 e 26 de novembro, e 3, 10 e 17 de decembro.

As persoas interesadas en participar neste módulo do Espazo de Fotografía da USC, para o que se ofrecen un total de 10 prazas, poden formalizar a súa inscrición, ademais de solicitar máis información ao respecto dos contidos e do material que se precisa, a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es . Os estudantes universitarios que completen este programa poderán solicitar o recoñecemento un crédito ECTS.

Módulo de creación fotográfica

O Espazo de Fotografía da USC dará continuidade ao longo do segundo semeste á formación no ámbito da fotografía coa celebración dun módulo de creación fotográfica, que ofrece un total de 10 prácticas. Este programa, impartido por Adra Pallón e estruturado en 25 horas de formación, permitirá ás persoas participantes afondar no seu coñecemento sobre a linguaxe fotográfica.

MÓDULO I (PRIMEIRO SEMESTRE)
A TÚA CÁMARA, O CADERNO DE NOTAS PARA CREAR A TRAVÉS DA IMAXE

Imparte: Adra Pallón

O curso ten como obxectivo central asimilar a técnica fotográfica para ser quen de expresarnos a través da linguaxe fotográfica. Para acadar ese obxectivo sairemos á rúa a facer moitas fotos e percorreremos xuntos unha viaxe a través das fotografías máis importantes da historia. Deste xeito asimilaremos todo os conceptos técnicos precisos para manexar a nosa cámara fotográfica dun xeito ameno.

 

Temario a tratar no Módulo I:

Tipos de cámaras.
Tipos de arquivos dixitais: RAW, JPG, TIF
Enfoque: Manual, Simple, Continuo.
Velocidade de obturación e movemento
Diafragma e profundidade de campo.
Sensibilidade ISO
Balance de Brancos e temperatura de Cor
Medición da luz
Tipos de Iluminación.
Tipos de lentes fotográficas: fixos, zooms, angulares, normais e teleobxectivos
Distancia focal e hiperfocal
Iluminación natural e artificial
Píxeles, resolución da imaxe e peso da imaxe.
Tarxetas de memoria e cables de conexión.
Manipulación básica da imaxe dixital.
Ángulos y planos fotográficos
Regra dos térceos. Lei do horizonte. Espazo negativo.
Pautas para crear composicións fotográficas.
Autores fotográficos.
Percorrido pola historia e técnicas fotográficas.
Xéneros fotográficos.
Softwares relacionados coa fotografía dixital.

Material preciso para o curso: unha cámara fotográfica que permita ser usada en modo manual.

Duración: 25 horas (1 crédito ECTS)

Horario: os venres, de 16:15 a 20:15

Datas:

Outubro: Días 15 e 29

Novembro: Días 5, 19, 26 e 3

Decembro: Días 3, 10 e 17

Lugar: Sala de Prensa da Casa do Saber

Prezo de matrícula:

Taxa Xeral: 130 euros

Taxa Unversitaria: 70 euros

 

Nº de prazas: 10

 

NOTA : NO CALENDARIO ESTABLÉCENSE TRES DÍAS COMODÍN POR SE XURDIRÁN INCONVENIENTES

Área de Cultura do Campus de Lugo

Pazo de Montenegro – Praciña da Universidade s/n, 2º andar
Teléfonos: 982 821 510 / 982 821 513
e-mail: cultura.lugo@usc.es