Concello e Deputación puxeron en marcha a campaña de prevención e sensibilización Non é Non, aproveitando os festexos do Arde Lvcvs Con esta iniciativa tentan tecer unha rede de refuxio para as posibles persoas agredidas, cuxa colaboración dos participantes consiste na acollida das persoas que o demanden por sentirse vítimas dalgunha agresión e, se fose necesario, permitir facer as chamadas telefónicas
Os espazos seguros están identificados coa imaxe dunha man violeta e o lema Non é Non.

Xuño 2018 A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, iniciaron a campaña de prevención e sensibilización contra as agrexións sexuais, que ten por lema Non é Non aproveitando os festexos do Arde Lvcvs, ante o informe Noctámbul@s 2016/2017, que arroxa que máis da metade das mulleres en España viviu violencia sexual en espazos de ocio.

Con esta iniciativa, o Goberno Local e o Provincial tentan tecer unha rede de refuxio para as posibles persoas agredidas, cuxa colaboración, por parte dos e das participantes, consistirá na acollida das persoas que o demanden por sentirse vítimas dalgunha agresión e, se fose necesario, permitir facer as chamadas telefónicas a Emerxencias, Policía Local, Corpo Nacional de Policía ou 016; conseguindo así sumar esforzos que tezan unha rede de mans violetas para evitar as agresións.

Deste xeito, 125 establecementos convértense dende hoxe en espazos seguros contra as agresións sexistas, onde unha persoa agredida encontre acougo e información do que facer en caso de necesitalo. A estes establecementos súmase a cidadanía e colectivos sociais, así como as distintas instalacións municipais e provinciais.

Fonte das fotos: Gab. Com. Concello

Tal e como explicou Ana González durante o material de reparto de campaña, no que tamén estivo presente a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, trátase de facer un chamamento ao lecer dende a liberdade e o respecto, así como previr actos e actitudes sexistas, co fin de acadar que non se produzan agresións.

Pola súa banda, a Deputada de Benestar e Igualdade destacou que «unha vez máis, Deputación e Concello de Lugo, sumamos esforzos para loitar contra a violencia machista, en concreto, contra os abusos sexuais. Esta fin de semana todos os lucenses e os veciños da provincia, temos que ser un exemplo, saíndo ás rúas a desfrutar, pero sempre respectando, pois facer fronte as actitudes machistas é unha tarefa común de toda a cidadanía.

Os espazos seguros están identificados coa imaxe dunha man violeta e o lema Non é Non, colocada nun lugar visible ao exterior. Ademais hai dípticos e vinilos informativos e chapas que manifestan o rexeitamento de todo tipo de agresións, así como os pasos que se recomendan en caso de sufrir algunha.