Guido Guía máis alá de Lugo: Ferrol, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense, Tui, Compostela, Mondoñedo e Betanzos novos lugares a descubrir co guía lucense nos paseos #AGalizaMenosCoñecida.
Despois de 3 anos de paseos guiados e actividades case sempre na provincia de Lugo, o proxecto Guido Guía ábrese este outono a outras cidades galegas baixo a liña de traballo seguido nestes anos en Lugo:
- tratar de ensinar recunchos menos coñecidos das urbes e das súas contornas,
- na procura de crear percorridos turísticos alternativos e
- de paso axudar así á dispersión e desconcentración dos fluxos de persoas que nos visitan.
Este novo ciclo de paseos guiados comezará en Ferrol o vindeiro 1 de outubro, para continuar por outras 9 cidades actuais e históricas galegas: Lugo, A Coruña, Vigo, Pontevedra, Ourense, Tui, Compostela, Mondoñedo e Betanzos.
Cada un deles terá unha duración de 3 horas, e iniciaranse sempre ás 11h00 da mañá.
O custo de cada un dos paseos será de 10 € por persoa (IVE incluído) e coa posibilidade de adquirir bonos de 5 ou 10 paseos por 40 € ou 60 € respectivamente.
Haberá descontos de 30% para menores de 18 anos, e gratuidade para menores de 4 anos. As prazas serán limitadas e por orde de inscrición.
#OFerrolMenosCoñecido – 1 de outubro
#OLugoMenosCoñecido – 8 de outubro
#ACoruñaMenosCoñecida – 16 de outubro
#OVigoMenosCoñecido – 29 de outubro
#APontevedraMenosCoñecida – 30 de outubro
#OOurenseMenosCoñecido – 6 de novembro
#OTuiMenosCoñecido – 12 de novembro
#ACompostelaMenosCoñecida – 13 de novembro
#OMondoñedoMenosCoñecido – 19 de novembro
#OBetanzosMenosCoñecido – 27 de novembro
.