O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu esta tarde un novo encontro da Revista Oral do San Froilán, organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) coa colaboración da áreas de Cultura do Concello de Lugo e da Deputación de Lugo.
Baixo o epígrafe “Lorchas e punteirolos”, referentes do fútbol modesto lucense como Jose Luis Corujo, José Luis Villamarín, Tino Mendaña, José Luis Díaz, Toño Núñez e Ovidio González compartiron emocións, vivencias
e anécdotas dun tempo en que o os equipos de fútbol estaban no centro da vida social dos barrios da cidade. Segundo lembraron, “nos anos corenta había 14 equipos xogando o campionato de modestos”. “O futbol era o mais importante despois de traballo, unha válvula de escape nuns tempos moi dífíciles”, recordaron.
A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro, o deputado de Deportes Efrén Castro e mais o tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, asistiron ao encontro, coordinado por Antonio Reigosa e Lois
Pérez.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte