Lugo Cultural – Merenda de produtos ecolóxicos e de comercio xusto

O ciclo ‘Ao pé do carballo’, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, ofrece o vindeiro xoves 11 de maio, a partir das 18.00 horas, na carballeira da Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a posibilidade de compatir unha merenda de produtos ecolóxicos e de comercio xusto nunha contorna natural.

«Bico de Grao» nace hai case 9 anos en Lugo para achegar á cidadanía lucense un xeito de consumo máis crítico e responsable. Proxecto varias veces galardoado que pretende ser acubillo de inquedanzas e xerador de individuos empoderados, decrecentistas e conscientes. Agroecoloxía, feminismo, consumo responsable e solidario no barrio das Fontiñas.

Esta actividade, que servirá tamén de escenario para a presentación da cooperativa Bico de Grao, é de acceso libre e de balde para o público interesado previa inscrición no enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.gal. As prazas son limitadas.