Eloxiemos Agora a Persoas Famosas
Xente con clase
Fotografías de Adra Pallón
Unha das reportaxes máis agardadas do mes, a do fotógrafo lucense Adra Pallón e a súa mirada sobre Lugo.
Serie número 8 de «Eloxiemos Agora a Persoas Famosas – Xente con clase», o gran proxecto que está a facer o fotógrafo lucense sobre a nosa cidade…que cada quen saque as súas conclusións ao ler a serie, cada fotografía fala soa, en conxunto dan vida a un relato.
Adra Pallón é un maxistral fotógrafo de Lugo con proxección internacional. Traballa para distintas axencias e medios, realiza proxectos persoais e é docente de cursos de fotografía.