Street Art Cities é a maior plataforma de arte urbana do mundo, na que se achega información dos murais de cada cidade, onde localizalos e información de cada un deles, como por exemplo, o nome do artista, como fixo a súa obra ou onde localizala, está a incorporar a arte urbana realizada en Lugo. Actualmente xa ten rexistradas máis de 34.000 obras de arte dunhas 900 cidades, e ao redor de 90 países entre elas obras de Primo de Banksy ou as do Culturban e Urban Cores da nosa cidade.
Deste xeito, Lugo pasa a ser coñecida internacionalmente grazas ao seu potencial no mundo da arte urbana, con grandes artistas locais (Diego As é campión de España de graffiti), Primo de Banksy, ou obras de artistas foráneos que dentro dos certames Culturban e Urban Cores están a facer un Lugo visualmente moito máis atractivo (e combativo)
O graffiti de Diego As, que lembra o pasado romano da cidade, foi destacado como unha das obras deste mes por Street Art Cities, . A obra foi elaborada dentro do Festival Urban Cores (promovido por Xuventude con motivo do Arde Lvcvs deste ano). Atópase nun muro de 20 metros de alto, na Rolda, mirando cara a Muralla de Lugo.
Algunhas fotos da elaboración e a obra rematada:
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte