O Arde Lucus 2024 consolida a súa proxección internacional.
Ao longo da celebración repartíronse 3.000 programas da festa en Inglés e 12.000 en castelán, cifras que igualan os 15.000 distribuídos en galego, fito que constata unha crecente afluencia de público procedente de fóra de Galicia.
A ocupación hostaleira foi dun 100%, estímase unha participación superior ás 200.000 persoas e o retorno económico do evento supuxo un impulso para sectores como o hostaleiro, o comercio local, a distribución alimentaria ou os transportes persoais.
“No seu segundo ano como festa de Interese Turístico Internacional, o Arde Lvcvs consolida a súa proxección máis aló das nosas fronteiras. Aqueles que tiveron a oportunidade de pasear polas rúas da cidade durante esta fin de semana poideron comprobar a afluencia masiva de público, que gozou coas máis de 300 actividades programadas.”, señalou a rexedora de Lugo, Paula Alvarellos.
Arde Lvcvs medra tamén na esfera dixital, a edición deste ano foi a que máis repercusión alcadou na historia da festa. O número de persoas seguidoras supera esta edición os 50.000, sumando nun total de cinco redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter, TikTok e Youtube) as/os 52.414 usuarias/os, acadando 9.000 seguidores mais con respecto á edición anterior.
O alcance total de publicacións supera os 850.000 impactos, o que supón un incremento sobre o ano pasado superior ao 40%. Respecto ás visualizaciones de video e reels, rozouse o millón, cun total 964.968 reproduccións.
Ademais, apreciase un incremento do alcance internacional, xa que os contidos chegaron a países tan diversos como: Portugal, Bolivia, Arxentina, Brasil, México, Estados Unidos, Costa de Marfil, Reino Unido, Grecia, Nigeria e Andorra, entre outros. “Trátse dun traballo de proxección da imaxe da nosa cidade impresionante cuxas cifras falan por se mesmas”, dixo Alvarellos.