
O «II Foro da la» achega os usos da la das ovellas á cidadanía.
Soto da Praza de Abastos de Lugo, o sábado 13 (de 11h a 20h) e domingo 14/09 (11h a 14h), con entrada de balde.
Unha iniciativa de OVICA – Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia.

Obradoiro de Tear Celta
Sábado 13 ás 11 da mañá.
Impartido por Ovellaviva
Para persoas de calquera idade (os máis pequeniños acompañados dun adulto responsable)
Creación des pezas colaborativas.
«OLLO: se vos apuntades e non estades no foro o sábado ás 11 a vosa praza cederáse a algunha das persoas presentes. Se quedan prazas libres cubriránse tamén coas persoas que estean no foro. Non ocupedes prazas se non podedes acudir.»


Obradoiro cinto de macramé
Domingo ás 11 da mañá
Impartido por: Madejas Tejerlo
Obradoiro para comezar a facer o voso propio cinto de macramé.
As prazas son limitadas e para apuntarvos podedes poñervos en contacto con eles a través das súas redes sociais ou do whatsapp 611 74 54 33.
«OLLO: se non estades presentes ó comezar o obradoiro a vosa praza cederáse a outra persoa que si estea no Foro. Se quedasen prazas libres tamén se cubrirán coas persoas que estean no foro.
Por favor, sede responsables e apuntádevos só se podedes asistir.»
Presentación de proxectos laneiros
A la é unha materia prima formidable, respetuosa co medio ambiente, sostible, biodegradable, e que ademáis ten moitos posibles usos, por suposto co máis coñecido, o téxtil.
Un espazo para que varios proxectos que naceron en torno á la conten a súa experiencia.
O sábado 13 ás 12h.


Concerto de CLO PLAS
Músicas midi-pop e rap de baixa fidelidade e historias apegadas á oralidade da Fonsagrada.
Sábado 13 ás 13.30h
Mesa redonda «Así lavaba, así, así»
Parte do problema da devaluación da la e da falta de utilización é que os lavadoiros de la, que noutros tempos cubrían toda a xeografía española, foran desaparecendo, así que hoxe os proxectos que queren comezar a utilizar la téñeno máis difícil porque non hai onde lavala.
Pero nos últimos tempos xurdiron novas iniciativas con lavadoiros adaptados en tamaño ó volume das súas poboacións.
«Contaremos con representantes dos concellos de Grazalema en Cádiz e de Tagamanent en Barcelona, dous concellos que decidiron poñer en marcha lavadeiros de la nos últimos anos, falaremos con eles de que os levou a impulsalos, que atrancos atoparon e veremos como se poderían adaptar os seus proxectos para facer un futuro lavadeiro na nosa comunidade.
Non vos perdades a oportunidade de estar nun encontro coma este e falar do futuro da nosa la!»
O sábado 13 de setembro, ás 18h.


Sesión de contacontos con Inma Soto
O domingo 14 de setembro ás 12:30
Vai contar cousas importantes sobre a la que os grandes e pequenos temos que saber.
Documental Ganado o desierto
Sábado 13 de setembro ás 17h
Gravado en España e Portugal sobre a xestión gandeira na península.
Por desgracia acabamos de vivilo con incendios que arrasaron tanta superficie este verán na nosa comunidade e noutras veciñas, o gando non só non é dañino para o noso medio, senón que é necesario para o seu mantemento, pero gando en extensivo e ben xestionado.
As montañas ourensás terían hoxe outro aspecto se nos seus montes pastaran rabaños de ovellas e cabras como fixeron noutros tempos.
