A programación estival do Museo Universitario A Domus do Mitreo ‘O Verán na Domus’ ofrece os obradoiros culinarios para toda a familia «Culina! Unha cociña na Domus», os sábados 11:30 horas, dos meses de xullo e agosto.
A actividade permitirá achegar os segredos da antiga cociña de Roma a todas as persoas participantes.
Logo de realizar unha visita guiada ao xacemento e tras participar nunha actividade de arqueoloxía experimental, os participantes elaborarán unha versión actualizada da receita ‘Sales conditos ad multa’, unha proposta xa recollida no receitario de Apicius ‘De re coquinaria’.
As persoas interesadas poden participar de balde coa adquisición da entrada ou tamén teñen a posibilidade de formalizar a súa inscrición con antelación, de luns a venres, en quenda e 9.00 a 14.00 horas, a través do enderezo de correo electrónico mitreo.lugo@usc.es ou no número de teléfono 610323926.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte