Obradoiros no Espazo Permacultural de Reque. As actividades promovidas pola Vicepresidencia xirarán arredor dos principios e técnicas da permacultura, que procura unha relación máis sostible co medio natural

A programación que se desenvolverá ao longo do ano no Espazo Permacultural Lugar de Reque que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove en Reque, no paseo do río Rato, na contorna do centro de cestería, é a seguinte:

Xornada de poda e renovación

Unha xornada de poda e renovación das plantacións de vimbio que medran na finca que se desenvolverá o vindeiro sábado, 22 de xaneiro.

Trátase dunha xornada pensada para cesteiras e cesteiros profesionais e afeccionados, e tamén colectivos educativos ou sociais que interesados no vimbio e nas súas aplicacións e no contacto coa natureza.

A formación, que combinará nocións teóricas e práctica, desenvolverase en dúas quendas, de mañá (10.00 horas -13.30 horas ) e tarde (15.00 a 18.30). As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente a través do correo lugardereque@deputacionlugo.org ou do teléfono 681 01 35 23.

Xaneiro-febreiro

Obradoiro de cosmética natural

Nesta formación, afondarase no uso dos recursos naturais para facer produtos de hixiene que coiden do entorno e da saúde. As persoas participantes poderán elaborar xabrón sólido, aceite corporal de aloe vera, dentífrico sólido ou desodorante solido.

Obradoiro de consumo responsable

Tratará o impacto dos hábitos de consumo no medioambiente, na saúde e no tecido social, profundizando no concepto de consumo responsable e os seus beneficios. Ademais, proporanse receitas con ingredientes saudables, seleccionados con criterios de consumo responsable.

Botiquín familiar natural

Neste obradoiro compartiranse nocións básicas sobre coidados caseiros con métodos naturais, aprendendo a recoñecer algunhas plantas e elaborar infusións, decocións, tinturas ou emplastos.

Marzo-abril

Curso de estufas de barro de alto rendemento (dúas fases)

As persoas participantes experimentarán como a mestura entre materiais naturais e tecnoloxía apropiada permiten crear inxenios cos que obter grandes rendementos enerxéticos sen necesidade de contaminar nen esgotar recursos.

Maio-xuño

Curso de agricultura renexerativa

Formación téorica e práctica en técnicas e estratexias para facer un eficiente uso do solo na produción orgánica de alimentos, ao tempo que se mellora o seu rendemento.

Obradoiro de creación de espiral de aromáticas

Creación dun espazo de cultivo de plantas aromáticas e medicionais en espiral, imitando patróns naturais. Abordaranse as bases teóricas e desenvolverase o traballo manual.

Obradoiro de hoteis de insectos.

Afondará nas técnicas, formas e materiais máis axeitados para a construción deste habitáculos e tamén nos beneficios da biodiversidade para o equilibrio dos espazos naturais.

Xullo-agosto

Primeiro Festival Eco Familiar Lugar de Reque.

Evento de carácter aberto para achegar á cidadanía ao Lugar de Reque, cun roteiro guiado para ver os avances que se teñan acadado no espazo e con propostas artísticas e de lecer para persoas de todas as idades.

Xornadas para a creación dun roteiro sensorial

Esta actividade terá como finalidade a creación dun camiñio sensorial, con diversidade de formas, texturas e cores a partir de distintos materiais naturais

Setembro

Xornadas de Economía Social Lugar de Reque.

Celebrarase un mercado de produtos locais e ecolóxicos e unha palestra sobre economía social.

Outubro- novembro

Curso de bioconstrución (dúas fases)

Nesta formación amosaranse as bases técnicas da bioconstrución, algúns dos seus principais métodos, así como as ferramentas e os materiais naturais máis axeitados para cada proxecto. 

A parte práctica estará enfocada á adecuación do edificio que acolle o taller de cestería, mellorando parte das súas instalacións con revocos naturais que aumentarán o confort térmico do espazo. 

As persoas participantes formarán parte do proxecto desde a súa formulación técnica até a súa finalización, adquirindo os coñecementos e habilidades necesarias para poder desenvolver reformas semellantes nos seus propios espazos

Decembro

Xornada comunitaria

Actividade aberta á toda a cidadanía na que se realizará unha nova ruta guiada polo espazo permacultural para explicar os avances realizados e observar como o deseño inicial se vai facendo realidade.