Programa de actividades ‘O Verán na Domus’
A programación especial de verán do Museo Universitario A Domus do Mitreo comeza este sábado 04/07, a partir das 11.30 horas, coa celebración do obradoiro ‘Culina! Unha cociña na Domus’, unha actividade orientada á participación do público familiar e a través da que o público participante poderá achegarse ou, no seu caso, afondar no coñecemento dos segredos da cociña na antiga Roma.
O obradoiro de aproximadamente 35 minutos, estruturado nunha visita guiada ao xacemento que acubilla o Museo Universitario A Domus do Mitreo, seguido dunha actividade de arqueoloxía experimental, permitirá ao público participante facer un percorrido pola historia que servirá tamén para aproximarse á sociedade, a alimentación e a cultura material da antiga Roma.
As persoas interesadas en tomar parte neste programa específico que se desenvolverá as mañás de todos os sábados dos meses de xullo e agosto, a partir das 11.30 horas, deberán formalizar a súa reserva previa a través do número de teléfono móbil 610 323 926 ou ben no enderezo de correo electrónico mitreo.lugo@galipat.es .