Programación de Nadal en Lugo
Matilde Fernández, (Matuquín), integrante de Fuxan os Ventos e mestra de Lingua Galega e Literatura, foi a encargada de acender o alumeado ornamental de Nadal, dando comezo á tempada festiva no Concello de Lugo.

As propostas da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua anunciadas pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, son as seguintes:

22 de decembro. Benvida ao apalpador. Mercado Municipal e Rúa Quiroga Ballesteros.

23 de decembro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.

Do 26 ao 29 de Decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. Obradoiros Panxoliñas. O Vello Cárcere Aprender e disfrutar dos nosos cantos tradicionais con profesores especialistas, utilizando diversos instrumentos; guitarra, ukelele e pequena percusión.

26 e 30 decembro. Medrando no Nadal. Festival de artes escénicas familiares e 1ª Infancia. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

3 de xaneiro. Concerto de Aninovo pola Banda Filharmónica. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

4 de xaneiro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.

5 de xaneiro. Cabalgata de Reis. Chegada dos Reis Magos a Cidade de Lugo, saída ás 18h. Parque da Milagrosa. Actuacións diante do Concello para aliviar a espera; Ás 18.30 Mostra final do Obradoiro de Panxoliñas. 19h Bloco Meigallo.

O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 8 de xaneiro de 2022, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos.

Programación completa de nadal en Lugo (programación da área de Cultura, o programa do Xuvenlugo, o Mercado de Nadal da Pza Maior, o Nadal Fest,  os obradoiros de Nadal e de Panxoliñas en O Vello Cárcere, a Benvida ao Apalpador, as actividades propostas por Xuventude e as actividades no Museo MIHL.)

Outras actividades en Lugo este decembro 2023 e xaneiro 2024 na nosa axenda.