16.6 C
Lugo
Dom, 6 Oct 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Programa de Nadal 2023-2024 en Lugo

6 de diciembre, 2023 - 7 de enero, 2024

Programa de Nadal 2023-2024 en Lugo. A día de hoxe, nesta publicación, podes ver a programación da área de Cultura, o programa do Xuvenlugo, o Mercado de Nadal da Pza Maior, o Nadal Fest,  os obradoiros de Nadal e de Panxoliñas en O Vello Cárcere, a Benvida ao Apalpador, as actividades propostas por Xuventude e as actividades no Museo MIHL.

Iremos actualizando en canto recibamos máis información

As propostas da Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua son as seguintes:

22 de decembro. Benvida ao apalpador. Mercado Municipal e Rúa Quiroga Ballesteros.

23 de decembro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.

Do 26 ao 29 de Decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. Obradoiros Panxoliñas. O Vello Cárcere Aprender e disfrutar dos nosos cantos tradicionais con profesores especialistas, utilizando diversos instrumentos; guitarra, ukelele e pequena percusión.

26 e 30 decembro. Medrando no Nadal. Festival de artes escénicas familiares e 1ª Infancia. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

3 de xaneiro. Concerto de Aninovo pola Banda Filharmónica. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

4 de xaneiro. Rancho de Reis Xeitoso e Ranchiño Xeitoso. 17.30h. Recinto Histórico. Danzantes e músicos compoñen o Rancho de Reis Xeitoso polas rúas e prazas facendo Danzas do Ciclo de Nadal (fitas, paos, castañolas) e Cantos de Nadal e de Reis.

5 de xaneiro. Cabalgata de Reis. Chegada dos Reis Magos a Cidade de Lugo, saída ás 18h. Parque da Milagrosa. Actuacións diante do Concello para aliviar a espera; Ás 18.30 Mostra final do Obradoiro de Panxoliñas. 19h Bloco Meigallo.

XUVENLUGO – Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

O recinto estará aberto en horario de 16:30h a 20:30h os seguintes días:

Do 6 ao 10 de decembro
Do 15 ao 17 de decembro
Do 21 ao 23 de decembro
Do 25 ao 30 de decembro
Do 1 ao 4 de xaneiro
Do 6 ao 7 de xaneiro

Cos seguintes prezos:

Entrada xenérica: 7 euros
Bono grupo 10 persoas: 60 euros (válido para un só día)
Acceso para Concellos, Colexios e Asociacións: 5 euros (necesario facer reserva anticipada para un mínimo de 15 persoas).

A venda de entradas farase cada día no despacho de billetes. Non precisas adquirilas con anterioridade, agás o acceso para Concellos, Colexios e Asociacións, que necesitan unha reserva previa.

Con ela poderás gozar de todas as atraccións e inchables todas as veces que queiras, agás das seguintes actividades:

Minigolf: 1,5 euros
Pista de slot: 2 euros
Varredora: 1,5 euros
Rocódromo: 3 euros (dispoñible a partir do 16 de decembro)

MERCADO DE NADAL NA PZA MAIOR

Mércores, 6 de decembro ata o 5 de xaneiro

O horario de apertura e atención ao público das casetas será de 11:00h a 14:30h e de 16:30h ás 21:00h. No caso das festividades: o día 24 e o 31 o horario de peche do mercadiño será ás 14:30h, os días 25 e 1 de xaneiro permanecerá pechado.

Tamén haberá un espazo dedicado ao entretemento, a diversión e á compartir con todos os/as cidadadáns ó espírito de Nadal a través dos seguintes espectáculos:

– 7 de decembro: Maxia. Un microespectáculo infantil, navideño e divertido onde o público participa sen parar. Imposibles xogos visuais mesturados con humor e misterio. Unha viaxe a un mundo onde todo preséntase susceptible de ser transformado, onde nada é imposible.

– 9 de decembro: “Viaxe encantado ao Polo Norte” (Contacontos) Contos onde se dará a coñecer aos mellores amigos de Santa Claus e todos os seus poderes máxicos, para percorrer tres historias moi especiais de renos, elfos e trasgos.

– 16 de Decembro: Contacontos a cargo da Sra Claus.

– 17 de decembro: “Rescate do Nadal” (Contacontos) Neste espectáculo os nenos/as serán axudantes do taller de Santa Claus, pero hai un problema no Polo norte: non funciona o taller de xoguetes e os renos están enfermos, alguén fixo das súas para danar o Nadal. Unha mestura de historias onde os pequenos/as axudarán a que a maxia voe e o Grinch non se salga coa súa.

– 23 de decembro: Maxia co Mago Roberto Lolo. Un show onde se mesturan diferentes estilos de maxia con moita diversión, risas e improvisacións.

– 30 de Decembro: Contacontos con Profe Alba.

NADAL FEST

OBRADOIROS DE NADAL O VELLO CÁRCERE
A reserva de praza realizarase de forma semanal, abríndose o prazo unha semana antes de cada actividade, e pechándose ás 19.00 do día anterior.
Inscricións: vellocarcere@lugo.gal
Máis información: 982 297 195
BENVIDA AO APALPADOR:
XUVENTUDE
As inscricións, totalmente de balde, para as diferentes activades pode realizarse a través da web www.formulario.xuventudelugo.gal.
MUSEO MIHL
Actividades de Nadal no Museo Mihl os días 26,27,28,29 de decembro e 2,3,4 e 5 de xaneiro. Información e reservas no tlf. 982297446 e no correo museo.mihl@lugo.gal
Concertos e outros espectáculos na nosa axenda

Detalles

Comienza:
6 de diciembre, 2023
Finaliza:
7 de enero
Categoría del Evento: