Programación da área de Cultura do Concello de Lugo no Auditorio Gustavo Freire no primeiro semestre do 2026.
Un total de 32 espectáculos de teatro, danza e propostas familiares encherán o Auditorio entre xaneiro e maio.
«Queremos que sexa un espazo de encontro e participación, onde veciñas e veciños descubran novas propostas artísticas e sigan facendo da cultura un sinal de identidade de Lugo» Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
5 dos espectáculos programados recibiron premios como os Fetén ou Max, e contarase coa actriz María Galiana, gañadora de premios como o Goya ou o Iris, e da Medalla de Ouro das Belas Artes.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a programación cultural do primeiro semestre do 2026 no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Ferreiro explicou que «organizamos a programación arredor de tres grandes liñas: teatro e artes escénicas para público adulto, propostas familiares e de primeira infancia, e unha aposta pola danza contemporánea. O obxectivo é que toda a cidadanía, desde as máis pequenas ata as persoas maiores, teñan ocasión de gozar da cultura en Lugo».
O semestre inclúe 14 espectáculos de teatro e 6 de danza. Ferreiro sinalou que «as propostas para o público adulto abordan temáticas actuais e universais, con linguaxes que van desde o teatro clásico reinterpretado ata o circo contemporáneo, sempre cunha clara vontade de chegar a un público diverso».
O Auditorio acollerá tamén 12 espectáculos dirixidos ao público máis novo e ás súas familias, con pezas de teatro, circo e marionetas a cargo de compañías recoñecidas como Xip Xap Teatre, Xarope Tulú, Mamá Cabra ou a Compañía Sharon Fridman. Segundo a concelleira, «é fundamental que as crianzas medren coa cultura, por iso ofrecemos espectáculos pensados para diferentes idades, desde os 18 meses ata a adolescencia, combinando entretemento e aprendizaxe».
As entradas terán un prezo único de 5 euros para público adulto e danza e de 3 euros para espectáculos familiares e de primeira infancia, con descontos do 30 % para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e membros da AAAG.
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e no Vello Cárcere* ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
* Debido aos traballos de reparación e mantemento na Oficina Municipal de Turismo na súa ubicación da Praza do Campo, esta permanecerá pechada. Por dito motivo, mentres se manteña esta circunstacia a venda de entradas realizarase en O Vello Cárcere.
PROGRAMACIÓN GUSTAVO FREIRE:
XANEIRO
11 de xaneiro. 18:30 – “Sé tortuga” de Xip xap Teatre (familiar). Premio Provincia a Escena (2024). Feira de Teatro de Castela e León. Premio Edebé de Literatura Infantil (2023) para a obra orixinal «Sé Tortuga» de Agustín Sánchez Aguilar.
15 de xaneiro. 20:30 – “Manual de Patronaxe” de Teatro do Noroest (adulto)
18 de xaneiro. 18:30 – “A Tarabela Ambulante: IDEA” de Tarabela Creativa (familiar)
22 de xaneiro. 20.30 – “Matres” de Campi qui Pugui (adulto). Premio do Público ea Mostra de Igualada, Mellor Autoría en FETEN, e Mellor Espectáculo Familiar nos Premios da Crítica de Artes Escénicas de Cataluña, ademáis de ser candidata aos Premios MAX.
25 de xaneiro. 18:30 – “Berenguela na Gaiola” de Galeatro + Xarope Tulú + CDG (familiar). Obra gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.
29 de xaneiro. 20:30 – “Yo solo quiero irme a Francia” de Contraproducións (adulto). O espectáculo está protagonizado por María Galiana, grandísima actriz de cine e de teatro, gañadora dos máis importantes premios como o Goya ou Mérito a las Bellas Artes do Ministerio de Cultura. Xunto a ela, subiranse ás táboas Nieves de Medina, Anna Mayo e a galega Alicia Armenteros.
30 de xaneiro. 20:30 – “NIK.EU 2.0” de iXA (danza)
FEBREIRO
1 de febreiro. 18:30 – “La gata que quería cambiar la historia” de Thomas Noone Cia (familiar)
5 de febreiro. 20:30 – “Memorias dun neno labrego” de Contraproducións (adulto)
8 de febreiro. 18:30 – “Bosque” de Mamá Cabra & Aurora (familiar)
12 de febreiro. 20:30 – “Ubasute” de Berrobambán (adulto)
19 de febreiro. 20:30 – “A metamorfose” de Sarabala Teatro (adulto)
20 de febreiro. 20:30 – “ALÉN” de Colectivo Glovo (danza)
22 de febreiro. 17:00 e 18:30 – “Paisajes de oro” de Compañia Sharon Fridman (1ª infancia). Premio Mellor espectáculo de danza FETEN(2025).
26 de febreiro. 20:30 – “Xoguetes rotos” de Barrosanta e Butacazero (adulto)
27 de febreiro. 20:30 – “BenQuerer, Fran Sieira báilalle a Caamaño&Ameixeiras” de Fran Sieira Compañía de danza (danza)
MARZO
1 de marzo. 17:00 e 18.30 – “Pié inquieto” de Cia La clá (1ª infancia)
5 de marzo. 20:30 – “RIAZOR OSTIA” de Os náufragos teatro (adulto)
27 de marzo. 20:30 – “3 Pezas curtas(Frammenti + Flores Negras + So-fa(r) From me)” de Cie. Twain + Cia. Acerina H Toledo + Cía Marta Alonso Tejada (danza)
ABRIL
9 de abril. 20:30 – “Alta Costura” de Elefante Elegante (adulto)
12 de abril. 18:30 – “O libro da selva, o musical” de Artika Cía (familiar)
17 de abril. 20.30h – “Monte – Versión estendida” de Laboratorio Escénico S Coop Galega (danza)
19 de abril. 18:30 – “Isaura e Tristán. Contastorias” de Fantoches Baj (familiar)
23 de abril. 20:30 – “Alicia wants to…” de Bengala Teatro Físico (adulto)
26 de abril. 18:30 – “Singularia” de Magia en la manga (familiar)
30 de abril. 20:30 – “Bio Construción” de Ibuprofeno Teatro (adulto)
MAIO
3 de maio. 18:30 – “Mr Bo” de Marie de Jongh (familiar). Premio a Mellor Espectáculo na Mostra d’Igualada 2024. Finalista nos Premios Max 2025.
7 de maio. 20:30 – “Cortello de amor” de Amorodio Teatro (adulto)
14 de maio. 20:30 – “Do reino (e) dos amores proscritos” de Alóproducións (adulto)
17 de maio. 18:30 – “O arcón de Noa” de Amarelo Cía (familiar)
29 de maio. 20:30- “Marea Familiar(Family Tide) + Soño Profundo(Dream in the Back of Your Head)” de Khambatta Dance Company (danza)
Compañía de Seattle (USA).






























