O Centro social autoxestionado A Hedreira de Lugo, unha organización sen ánimo de lucro que regularmente programa actividades culturais, sociais …recibiu unha proposta de sanción de 600,01 € por organizar hai un ano un mercadiño de troco de produtos de segunda man no local, do cal non extrae ningún beneficio económico.

Sen xente organizando libremente propostas por e para a xente, diferentes, desde outros puntos de vista, outras miradas etc… a sociedad plural e diversa morre. Sen unha asociación, un centro social autoxestionado A Hedreira en cada cidade, vila ou recuncho de Galicia, a uniformidade, o pensamento único, o capitalismo salvaxe gaña.

Desde logo que non poden actuar ao marxe da Lei pero a Lei ten que darlles marxes de actuación non sancionadores (non constan no comunicado). Estamos a falar dun mercadiño de troco sen beneficio económico. Un evento único, puntual,  e que probablemente tiña un fin de axuda social convertido nun evento que daña o emprendemento e a competividade económica de Galicia ¿?¡!. 

A beleza está na mirada do que mira. A maldad tamén. Nós sempre eleximos a beleza.

Compartimos o comunicado de A Hedreira ao respecto. Podes estar de acordo ou non con parte, nada ou a totalidade do mesmo pero pensa da importancia para Lugo de colectivos e asociacións libres, non teledirixidas polos poderes políticos ou mediáticos do pensamento único. 

«Organizamos charlas e xornadas e temos actividades fixas como obradoiros de costura, teatro e danza en movemento, pole dance, capoeira, k-pop, cineforum, hai aulas de galego para inmigrantes, etc. Dispoñemos de biblioteca e somos un lugar de encontro e intercambio, entre outros do colectivo do Banco do Tempo de Lugo e Radio Fenda. Somos tamén un espazo para un lecer diferente.» A HEDREIRA – QUEN SOMOS