O combate mural de Lugo, dentro do festival Culturban 2022, comenzou ás 10 da mañá deste domingo e os artistas traballaron, en directo, na Rúa Quiroga Ballesteros ata as 18:00 h.
 
Os artistas seleccionados foron: Ivan Mouronte, Aida Gomez, Branca Escrigas, Eduardo Baamonde, Isabel Seidell, Sandra López, Juan Lomati, Jo Jo, Andrés Haensell e Juan Pablo Mastroiani. 
 
O xurado fallou os premios, que se dividen en 1º premio 1.200 €, 2º premio 800 €, 3º premio 600 €, e dous accésits de 200 €.
 

As persoas premiadas foron 1º premio – Sandra López, 2º premio – Juan Lomarti, 3º premio – Branca Escrigas, Accesit – Isabel Seidell, Accesit – Miguel Anxo Macía.

As obras serán expostas en instalacións culturais do concello de Lugo.
 
A Concelleira de Cultura e Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, entregoulle o 1º premio á gañadora do Combate Mural de Lugo que foi Sandra López. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, estivo presente xunto con Concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, na entrega de premios e resaltou a gran calidade das obras participante.
 
O Festival Culturban está promovida pola área de Cultura do Concello de Lugo e Espacio Lupa Arte.