As seguintes organizacións:
-ATENEO GALEGUISTA DE LUGO, representada por D. Xaime Da Pena Ceide, presidente.
-FUNDACIÓN CASTELAO, representada por D. Carlos Mella Villar, presidente.
-FUNDACIÓN OTERO PEDRAYO, representada por D. José Luis Saco Cid, presidente.
-FUNDACIÓN VICENTE RISCO, representada por D. Luis Martínez-Risco Daviña, presidente.
-FUNDACIÓN LOSADA DIÉGUEZ, representada por D. Ana Patricia Torres Madureira, presidenta.
Solicitaron no Concello de Lugo, que se teña en conta o nome de “A xeración Nós” para as posibles mudanzas ou altas do rueiro no noso Concello.
Esta solicitude encádrase dentro dunha campaña na que se realizaron diversas conferencias e actividades ao redor do CENTENARIO DA REVISTA NÓS e que se veñen desenvolvendo polas citadas organizacións durante todo este ano