A charla abordará os desafíos e logros que atopou ao longo da súa carreira, destacando a súa traxectoria como muller nun campo onde a representación feminina segue sendo insuficiente.
A actividade está dirixida a todo o público interesado e contará coa especial participación do estudantado de 4º de ESO do IES Virxe dos Ollos Grandes.
O acceso será de balde, con modalidade presencial e online, promovendo a inclusión e o fomento da educación científica en toda a sociedade. Incrición nesta ligazón.
Acompañando a Cintia nesta actividade estarán Ana Traseira Pena, directora da UNED de Lugo e do proxecto #LugoNaturalMente, Paula Fernández Moure e Alejandro Rodríguez García, biólogos ambientais da universidade lucense, quen serán os encargados de realizar a entrevista á invitada.
O Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia é unha oportunidade chave para sensibilizar e promover a igualdade de xénero na ciencia.
A UNED de Lugo, con esta actividade, reforza o seu compromiso de empoderar ás mulleres en tódalas áreas do coñecemento, fomentando unha maior participación feminina na ciencia e contribuíndo á construción dun futuro máis equitativo.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte