Decembro 2019 A ponte de decembro é unha oportunidade xenial para coñecer Lugo: os museos, os monumentos e os lugares máis emblemáticos do centro da cidade, ademais da súa historia. A Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, dirixida por Maite Ferreiro, anunciou o seguinte programa de visitas guiadas para descubrir a cidade: dúas visitas diarias terán lugar entre o 6 e o 9 de decembro, ás 12:30 e ás 17 horas, que serán realizadas por guías oficiais de turismo. Terán unha duración aproximada de 90 minutos e realizarán un percorrido polo casco histórico, saíndo dende a praza do Campo, continuando pola Casa dos Mosaicos e pola praza Maior, onde se visitará o concello. Continuará cunha visita a ventá arqueolóxica da piscina de Santa María e subirá á Muralla pola porta de Santiago, rematando na Catedral.
Cada visita está limitada a un máximo de 25 persoas, que se deberán inscribir previamente na Oficina de Turismo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte