Benedicta Sánches - xunto a Miguel dos Codex e Amador Arias, tamén protagonista de "O que Arde" - na súa visita a Lugo

Os lucenses David Fidalgo, Benedicta Sánchez e Luis Tosar nomeados nos Premios Goya 2020

Non podía rematar mellor este ano tan fructífero para o audiovisual lucense con forte representación nos Premios Goya 2020:  a película «O que Arde» de Oliver Laxe está nomeada a mellor película, mellor dirección, mellor fotografía e mellor actríz revelación para a lucense Benedicta Sánchez, a curta de animación «Homomaquia» do lucense David Fidalgo Omil nomeada a mellor corto de animación e o lucense Luis Tosar, nomeado a mellor actor protagonista pola súa interpretación en «Quién a hierro mata» 

«O Que Arde»

Nomeada a mellor película, mellor dirección, mellor fotografía e mellor actríz revelación para Benedicta Sánchez; a multipremiada e histórica, tanto en cifras como emocionalmente, película de Oliver Laxe non para de dar alegrías para o cinema galego e en galego.  A historia de Benedicta e Amador, de Amador e Benedicta en O Courel xa triunfou en Cannes e en Mar de Plata… veremos a Oliver Laxe recoller un ou dous «cabezóns»? e a Mauro Herce pola fantástica fotografía? e a Benedicta falar coa súa sabiduría recollendo o de mellor actríz? Oxalá.

A non perder: a entrevista que nos concedeu Oliver Laxe recentemente

«Homomaquia»

HOMOMAQUIA preséntanos un mundo onde os seres humanos son tratados como estes tratan aos animais, establecendo unha forte metáfora sobre a tauromaquia. Poñendonos no papel do touro, HOMOMAQUIA representa a súa vida coa súa crueza, a súa violencia e a súa falta de liberdade. É unha denuncia aos malos tratos animais.  É un berro a favor da liberdade.

David Fidalgo Omilformouse en Belas Artes e en Ilustración/Animación en Pontevedra e xa nesta fase de estudos comezou a gañar premios polos seus traballos: 

«2019 – Mejor Cortometraje de Animación en el Festival Curtas Armadiña.

2019 – Tercer Premio en el XV Certamen de Artes Plásticas Deputación de Ourense.

2019 – Mención de Honor a  mejor cortometraje en el Festival de Cans.

2018 – Primer Premio a Mejor Cortometraje en el Certamen de Jóvenes Creadores del Ayuntamiento de Madrid.

2018 – Tercer Premio Artes Plásticas Xuventude Crea

2018 – Primer Premio del I Certamen de Artes Plásticas ‘‘PLASTIKA17’’en la Sala Apo ́strophe de Vigo.

2016 – Mencion de Honor en el XXV Certamen de Jóvenes Creadores del Ayuntamiento de Madrid.

2016 – Primer Premio a mejor Video Experimental por la Universidad de Vigo

2016 – Premio Editor of the Month del 12 Months Films Festival, Rumanía.

2015 – Premio al mejor cortometraje de animación de la 16ª Edición del Concurso de Cortometrajes para Jóvenes Creadores »Ciudad de Castellón» 2015

2015 – Segundo Premio a mejor cortometraje del Certamen de Jóvenes Creadores del Ayuntamiento de Madrid 2015

2015 – Mención en el XLVI Premios Ciudad de Alcalá

2015 – Premio del XIII Certamen Internacional de Videominuto de Zaragoza

2014 – Segundo Premio a mejor corto de Animación por la Universidad de Vigo

2013 – Primer Premio a mejor corto de Animación por la Universidad de Vigo

2012 – Primer Premio NOVOS VALORES

2012 – Primer Premio Festival Creando de Burgos

2011 – Primer Premio al mejor corto de Animación por la Universidad de Vigo

2010 – Primer Premio al mejor corto de Animación por la Universidad de Vigo»

Luis Tosar

Qué dicir dun actor que o vimos empezar polas rúas de Lugo con seu compa de aventuras Jorge Coria e que xa leva 3 Premios Goya – entre outros moitos – . Qué dicir!!!! A redacción enteira co Luis, claro está. Queremos outro «cabezón» para Lugo!!!!