Volve a Lugo o festival gratuíto de ciencia en bares «Pint of Science»
Celebra a súa décima edición os días 19, 20 e 21 de maio a partir das 18:00 no Mesón do Forno, Santeiro’s e Ho! Gruf.
Este ano, Pint of Science incorpora novos bares e temáticas, entre as que se divulgará sobre o papel da muller en distintas profesións científicas e de servizo público.

Con máis dun milleiro de eventos en 75 localidades, o festival encherá de ciencia bares de todo o país os días 19, 20 e 21 de maio. 

A través de charlas divulgativas, monólogos ou experimentos de entre 20 e 30 minutos de duración, investigadoras e investigadores de todas as áreas do coñecemento compartirán o seu traballo nun ambiente moi diferente ao habitual.

En Lugo, Pint of Science celebrarase no Mesón do Forno, Santeiro’s e Ho! Gruf, cun total de 9 charlas científicas que cubrirá as temáticas desde as distintas ameazas aos ecosistemas por pragas ou o cambio climático, á importancia da muller e os roles de xénero en diversas profesións.

Entre as persoas investigadoras e científicas que participan nesta edición de Pint of Science Lugo, encóntranse Isidoro Rodríguez Pérez, que divulgará sobre a biografía de Elvira López Mourín (enfermeira militar de orixe lucense e pioneira na aviación sanitaria en España), Ana Isabel García Arias, que nos falará da invasora avespa velutina, ou Ana Cabana Iglesia, cunha reflexión sobre o xénero en relación cos incendios. 

A programación completa do Pint of Science en Lugo pode consultarse neste artigo do noso diario.

Un dos obxectivos da organización é establecer o diálogo directo entre a investigación e a sociedade. Sandra Medrano, responsable nacional de Comunicación desta edición e investigadora posdoutoral, explica que “Pint of Science é especial porque usamos unha linguaxe comprensible e nos bares créase un ambiente único, cercano, que incita aos asistentes a facer preguntas e que todos aprendamos ciencia complexa dunha maneira sinxela’’.

A asociación sen ánimo de lucro Pint of Science España é a impulsora da iniciativa no noso país, que conta co apoio e esforzo de máis de 600 voluntarios e voluntarias, 14 de eles en Lugo, así como un gran número de entidades patrocinadoras e colaboradoras que fan posible cada edición.