Xornada «A arte do exilio galego no Museo Provincial de Lugo»

O Museo Provincial de Lugo acollerá o 14 de decembro a xornada “A arte do exilio galego no Museo Provincial de Lugo”, que teñen como obxectivo divulgar esta parte da nosa historia lembrando as e os artistas expulsadas polo golpe militar do 36 e a ditadura franquista e analizando a influencia da diáspora na súa produción creativa, a través dos fondos do museo provincial que conta con nas súas coleccións de belas artes con 140 obras de artistas relacionados co exilio.

Na presentación da xornada, a deputada de Cultura Iria Castro e a
directora do Museo Provincial de Lugo explicaron que “a lembranza do
exilio artístico galego é un compromiso asumido e un deber para que as
xeracións que non o coñeceron constaten a perda e o sufrimento que
provocou no pasado século” e valoraron “a contribución do diálogo
interdisciplinar para rescatar a memoria e enriquecer a investigación”.

Coordinada por Aurelia Balseiro e Inmaculada Real, a xornada incluirá varios relatorios de profesores e profesoras universitarias e investigadoras vinculadas co tema a tratar, con estudos e publicacións ao respecto, seguidas dunha palestra multidisplinar conxunta para extrapolar o exilio da arte galega ás coleccións do Museo Provincial de Lugo.

No decurso da xornada, presentarase un tríptico impreso que materializa os estudos realizados cun percorrido monográfico aos fondos do exilio galego do MPL para que as persos que visiten o múseo interesadas no tema accedan, comprendan e valoren a importancia de lembrar e identificar ese legado histórico artístico.

A participacíon nas xornadas require de inscrición previa, a través do formulario dispoñible no Museo Provincial de Lugo e na web www.comunidadermpl.gal.  A inscrición aceptarase por orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral da Deputación de Lugo, ben presencialmente, ben na sede electrónica.

Programa

16:00 h. Presentación da xornada: Iria Castro. Deputada Delegada de Cultura. Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

16:00 h. Da reconstrución do nacionalismo galego no exilio, ao retorno artístico.  Inmaculada Real López, profesora da Univesidade Complutense de Madrid.

17:00 h.  Fronte da arte. O social na arte galega desde a Segunda República ao exilio.  Carlos López Bernárdez, profesor e ensaista

18:00 h. O exilio de Castelao: Lonxe da Galiza / Sempre en Galiza. Pilar García Negro, profesora e investigadora, e  Rosario Sarmiento, historiadora da arte e comisaria da exposición “O silencio da pintura” de Leopoldo Nóvoa.

18:30 h. Palestra, moderada por Aurelia Balseiro, sobre a presenza do exilio galego na programación museística, cultural e docente coa participación dos anteriores relatores.

19:00 h. Visita práctica guiada ás coleccións do exilio do MPL e presentación do seu folleto divulgativo.

20:00 h. Conclusións e Remate