Xornadas sobre a historia monetaria de Galicia, un percorrido pola moeda en Galicia desde a caetra ata o euro en abril no Pazo de Marcos. 

 A numismática centrará a VI Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, que se celebrarán os vindeiros días 14 e 15 de abril Pazo de Marcos baixo o título “A moeda en Galicia desde a caetra ata o euro”

O programa aborda, desde distintas perspectivas, o contexto e a historia monetaria galega e reúne especialistas das universidades galegas, do Museo Arqueolóxico Nacional e do Museo Nacional de Arte de Catalunya.

As xornadas permitirán trasladar a sociedade a importancia da numismática como ferramenta útil nos estudos históricos e arqueolóxicos
e poñer en valor a colección do Museo Provincial de Lugo que, con máis
10.000 exemplares de moedas e medallas, é unha das de maior interese de
todo o Estado.

A participación na xornada require inscrición previa, a través do formulario dispoñible na web  www.redemuseisticalugo.org Para obter o diploma acreditativo, será preciso asistir ao 75% das sesións.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro,a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, o doutor en Historia e experto en numismática Pablo Núñez Meneses, e membros do comité científico, Antonio Roma, Enrique Alcorta, Mª Ofelia Carnero, durante a presentación.

No acto, Maite Ferreiro lembrou que “a Vicepresidencia da Deputación de Lugo segue a traballar na adquisición do sestercio da caetra para que esta moeda única pase a formar parte da colección do Museo Provincial de Lugo e polo tanto do patrimonio público”  e explicou que “as xornadas se inscriben na labor de difusión do valor do patrimonio , que cremos que deben acompañar este tipo de iniciativas”.

Aurelia Balseiro explicou que “…o programa amosado non só está dirixido á comunidade científica senón tamén a todos os interesados no tema, estudantes, afeccionados, traballadores de museos,coleccionistas, docentes ou guías turísticos” 

Programa

VENRES 14 DE ABRIL

9.30 h Acreditación asistentes

10.00 h Presentación oficial

10.15 h A primeira emisión monetaria na Gallaecia romana, as moedas da caetra
Santiago Ferrer Sierra. Arqueólogo pola USC

11.00 h A moeda sueva da Gallaecia. A gran descoñecida
Pablo Núñez Meneses. Doutor en Historia pola USC

11.45 h Pausa

12.15 h A ceca de Xuvia, breve historia e produción monetal
Anabel Bello Platas. Doutora en Historia pola USC

13:00 h Moeda e cultura na Galicia medieval
Antonio Roma Valdés. Doutor en Historia pola USC

13.45 h Debate-coloquio

16:30 h “Auri sacra fames”: o papel da moeda na sociedade europea e galega da Idade Media
Carlos Baliñas, Doutor en historia medieval e profesor da USC (Campus Lugo)

17:15 h A acuñación de 1602, o reselo de 1603 e o rexistro da moeda de billón de 1605 en Galicia. Pablo Rueda, investigador independente e membro do OMNI

18:00 h Debate-coloquio

18:30 h Mesa redonda moderada pola directora do MPL, Aurelia Balseiro, na que participa xunto cos anteriores relatores para abordar o tema: “Espazos e formas de dar a coñecer o noso patrimonio numismático. Aproveitamento didáctico e histórico”

19:30 h Visita técnica comentada á exposición “Percorrido pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo” a cargo dos técnicos do Departamento de Arqueoloxía/ Historia: Enrique Alcorta e Mª Ofelia Carnero

SÁBADO 15 DE ABRIL

10:00 h As moedas da Gallaecia visigoda

Ruth Pliego. Doutora en Historia e membro do comité científico OMNI

10:45 h Acuñacións galegas presentes en tres tesouriños do Museo de Pontevedra: Congostra, Soutelo de Montes e Ponteareas
Erea Castro Alfonso. Conservadora de fondos numismáticos e etnográficos do Museo de Pontevedra

11:30 h Pausa

12:00 h As coleccións numismáticas do MAN e a moeda galega Emilio Gamo Pazos. Conservador de museos. Departamento de Numismática e
Medallística do Museo Arqueológico Nacional

12:45h O Gabinet Numismàtic de Catalunya do MNAC, apuntes sobre a moeda galega María Clua i Mercadal. Conservadora adjunta no Gabinet numismàtic
de Catalunya del Museu Nacional d’Art de Catalunya

13:30 h Debate-coloquio

14:00 h Mesa redonda moderada pola directora do MPL, Aurelia Balseiro, na que participa cos anteriores relatores sobre “A divulgación do coñecemento da numismática nas institucións museísticas e o seu papel na posta en valor desta disciplina”

16.30 h Visita técnica explicativa á colección estable de numismática e medallística exposta no MPL (planta 1.ª sección de Prehistoria e Arqueoloxía) a cargo dos técnicos do Departamento de Arqueoloxía/Historia: Enrique Alcorta e Mª Ofelia Carnero

17:30 h Visita técnica comentada, á I Exposición numismática de Galicia a cargo dos seus comisarios: Pablo Núñez e Antonio Roma

19:00 h Remate e Clausura no Museo Provincial de Lugo