Maio 2018
Lugar: Claustro da catedral de Lugo
No claustro da catedral de Lugo varias lectoras reuníronse para probar outras maneiras de ler. Para rebordar a postura dun corpo sentado, nun corpo en movemento que le a un tempo o texto e o espazo. Para ilimitar o pracer do texto e, coma quen cose, dar puntadas na pedra coa liña que se dispara da frase.
As lectoras participantes leron en voz alta aquelas frases fulgurantes de cada libro escollido desta autora, as frases que esperten o afecto. E o espazo acolleu ese texto, coma se fose un libro no que se escribe.
Todos os fragmentos lidos serán posteriormente recollidos nunha edición limitada, que podese conseguir a través do correo electrónico amboaeditorial@gmail.com.
Un proxecto de Nieves Neira, María Corral Fernández e Marta Castro, no marco do curso de ‘Novas tendencias en edición literaria’, organizado pola Fundación Uxío Novoneyra no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo. Colaboran a Asociación 3monos para a promoción das artes escénicas, a Fundación Tic e o Museo Diocesano.