Neste artigo, a programación do entroido 2026 de: Cultura, Turismo e Promoción da Lingua; Tradescola, O Vello Cárcere, área de Cohesión Social, Auxilia Lugo, e outras propostas como «Fiesta de Carnaval y Karaoke con Esteban» en Azotea O Vello Cárcere, a Mascarada das Abelúrias 2026, un taller de lettering e entroido, cinefórum especial de entroido en A Hedreira, e máis.

O Tenente de Alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron esta a programación do Entroido 2026, que inclúe 17 actividades destinadas a todos os públicos.

Ferreiro destacou que «o obxectivo é seguir facendo do Entroido unha festa participativa e accesible para toda a veciñanza, mantendo as nosas tradicións vivas e introducindo novas propostas que xa demostraron ser un éxito en anos anteriores.»

PROGRAMACIÓN

Xoves 5/02

Apertura ao público da exposición “Personaxes do Entroido Galego” de C. Padín no Vello Cárcere. A mostra poderá visitarse ata o 30 de marzo, e conta con máis de 100 obras que amosa as personaxes máis características do entroido galego.

Domingo 08/02

19:30 Concerto enterro da sardiña 2026 con Ensemble Terra Nova e Coro Kantantibus no Círculo das Artes. Entrada de balde.

Xoves 12/02

«Cé Orquestra Pantasma” a partir das 17:30 no Mercado Muncipal

Venres 13/02

Pregón a cargo de José Blázquez ás 20:00 na praza Maior, que estará animado pola agrupación Condensadores de Fluzo. Posteriormente, Bloco Meigallo animará as rúas do casco histórico, a partir das 21:30.

Sábado 14/02

12:30  “AUCHH!” de Abraham Arzate na praza Maior

17:00 Desfile infantil, que contará coa animación da Tambukda e “Malabarabilidades» a cargo de Fran Boza.

A partir das 20:30, a Tambukda animará as rúas do casco histórico. 

Domingo 15/02 

12:30 Espectáculo “Frikis” de Mundo Costrini na Praza Maior.

18:00 Gala de circo Introitus, coas actuacións de Pakolas, Marta Sempre Arriba, Henriko e Martilda. Presentadora: Carmen Conde. Praza Maior.

Luns 16/02

12:30 espectáculo “Máximo Óptimo” de Máximo na praza Maior.

18:00 o Dúo Laos representará «Otros Aires» na praza Maior e a partir das 21:30 a animación de rúa continuará no casco histórico coa actuación do Bloco Meigallo.

Martes 17 de Entroido

12:30  Brais das Hortas e o seu espectáculo “Consertasso na horta” na praza Maior

17:00 Desfile de disfraces para persoas adultas, coa actuación de Tambukda e Carta de ajuste.

Mércores 18/02

12:30 Arturo Cobas co seu espectáculo “O mundo de Nono” na Pza Maior.

17:30 Concerto de Banda e Coro infantil da banda Filharmónica de Lugo na Pza. Maior.

20:00 Enterro da Sardiña e o concurso de ferretes. Organiza: Asociación Pepe Barreiro. A actividade sairá do Círculo das Artes e conta coa colaboración de Estoupacaldeiros e as actuacións de Orquesta Terra Nova e Orfeón Xoan Montes.

O vindeiro martes 10 de febreiro, a Tradescola en colaboración coa Área de Educación do Concello de Lugo achegará o Entroido Tradicional no soto da praza de Abastos a partir das 16:30 horas. Unha actividade para público familiar. De balde. + info

Fiesta de Carnaval – Karaoke con Esteban

El lunes 16 de febrero a partir de las 21:00, el Carnaval llega a Azotea O Vello Cárcere con una noche pensada para bailar, brindar y dejarse llevar.

Una noche para ponerse algo divertido, quedar con amigos y dejarse llevar por la música que marcó muchas noches, muchas fiestas y alguna resaca memorable. Temazos de siempre, ambiente cuidado y ganas de pasarlo bien.

Habrá música, karaoke, comida y mucho movimiento. Aquí se viene a bailar, a charlar con una copa en la mano y a disfrutar del carnaval con las mejores vistas de la ciudad.

ENTRADAS:

A la venta en https://tickets.azotealugo.es/es/rabuda/fiesta-carnaval-2026/

¿Qué incluye la entrada?
Acceso a la fiesta de carnaval y Karaoke con Esteban
2 Consumiciones incluidas
Comida by RABUDA. Pinchos, snacks y mini platos pensados para que no te quedes con hambre!

+ info

Programa de actividades polo entroido promovidas pola área de Cohesión Social do Concello de Lugo:

Obradoiro de Instrumentos

A primeira das propostas coa que Cohesión Social abre a súa programación de Entroido será o obradoiro de instrumentos musicais, que terá lugar o vindeiro día 10, de 16.30 a 18.00 horas, no centro de convivencia de Lamas de Prado. Esta actividades está dirixida a nenas e nenos de 5 a 12 anos, e para participar é preciso a inscrición previa no propio centro social.

Obradoiro de Máscaras

O xoves, día 12, está previsto, no mesmo horario, esta actividade propia do Entroido, na que poderán participar nenos e nenas de 5 a 12 anos. Para asistir tamén é necesario solicitar praza no centro de Lamas de Prado.

Obradoiros de confección de disfraces

Os días 12 e 13 de febreiro, o centro de convivencia do Uxío Novoneyra acollerá a celebración doutros tantos obradoiros de confección de traxes de Entroido, abertos a toda a poboación, para os que é necesario realizar inscrición previa, posto que contan con aforo limitado. O do xoves terá lugar entre as 18.30 e as 20.30 horas, mentres que o do venres 13, desenvolverase das 17.00 ás 19.00 horas.

Festival de Cancións

Dentro desta nova programación, se inclúe o Festival de Cancións, aberto ao público en xeral e que non precisa inscrición previa. Terá lugar o xoves, día 12, entre as 16.30 e as 18.00 horas, no centro de Lamas de Prado, e contará coa participación das  aulas de infantil do CEIP de Casás.  

Obradoiro de Risoterapia

O centro interxeracional Paco Martín celebrará, o vindeiro día 12, un obradoiro de risoterapia, dirixido a toda a poboación, en horario de 11.15 a 13.00 horas, que ao contar con límite de aforo precisa de inscrición previa no centro de convivencia da Milagrosa.

Festa en Familia do Entroido

Co obxectivo de implicar a toda a familia na celebración destas datas e de favorecer a convivencia, o centro social de Lamas de Prado acollerá esta festa, o luns día 16, das 17.00 ás 20.00 horas. Para participar é preciso inscribirse previamente no propio centro, que ese luns de Entroido acollerá unha tarde de música, xogos e disfraces.

Obradoiro e degustación de Filloas de Entroido

O centro de convivencia de Fingoi acollerá a actividade coa que Cohesión Social pechará a programación para estas datas. Será co desenvolvemento do Obradoiro e degustación de Filloas de Entroido, unha actividade para a que non é necesaria a inscrición previa, e que terá lugar o día 19, das 17.00 ás 19.00 horas. Para esta actividades, o Concello de Lugo conta coa colaboración de dúas veciñas do barrio, Nieves e Carmen, que serán as encargadas de impartir este curso para aprender a facer este doce tradicional de Entroido.