A exposición de fotografía Río, de María X.Fernández, é unha cartografía emocional imprecisa da infancia da posguerra, que emprega a figura dun río como metáfora dunha humanidade en tránsito
Río, poderase visitar todos os días da semana ata o 14 de abril. O acceso é totalmente de balde
Exposición "Río" no Vello Cárcere de Lugo
Foto da Exposición "Río" no Vello Cárcere de Lugo

Xaneiro 2019 Lugo homenaxea, no Vello Cárcere, á xeración que medrou na dureza da posguerra co totalitarismo empapando todas as intitucións. Faino dende hoxe coa exposición de fotografía Río, de María X.Fernández, unha cartografía emocional imprecisa da infancia da posguerra, que emprega a figura dun río como metáfora dunha humanidade en tránsito, que flúe misturándose a todos os niveis: xenético, cultural, social e humano.

O traballo, dende a perspectiva artística, ben sendo un exercicio de análise das emocións humanas e un intento de comrpensión do que significa ser persoa, con todos os condicionantes: de xénero, clase social e grado de fortuna vital.

A exposición, de acceso gratuíto, divídese en catro partes que se corresponden cos bloques de celas da primeira e segunda plantas. O comezo é un paralelismo entre o fluír dos rostros e o das augas dun río. A partir deste punto, a mostra evoluciona utilizando elementos que ás veces semellan xoguetes infantís e outras adoptan a forma de abstraccións conceptuais creadas a partir de fragmentos das imaxes.

Moitas das fotografías non son un retrato propiamente dito, senón que é unha mistura de rostros que reforza a idea de fluír e despersonaliza o sentimento universalizándoo. A peza coa que remata a exposición, Eixo cartesiano, é un intento pseudo científico de ordenar as expresións faciais cunha ferramenta matemática, pois no eixo vertical está a expresión da boca e no horizontal, ollos e cellas. Nesta peza xérase un contraste entre a frialdade matemática que analiza e clasifica a fraxilidade da infancia. Xéranse agrupacións por semellanza da expresión que poden dar unha idea da situación emocial da infancia da posguerra.

Río, poderase visitar todos os días da semana ata o 14 de abril no seguinte horario: só en xornada de mañá, de 11:00 a 14:00 horas os luns, e tamén en xornada de tarde, de 17:30 a 20:30 horas os martes, mércores e domingos; de 17:30 a 23:00 horas os xoves e venres, e de 17:30 a 22:30 horas os sábados.

Exposición Río