Gran éxito do artista lucense Christian Villamide coa súa expo HORTUS CONCLUSUS

Fonte: Christian Villamide

ABRIL 2018 Non extrana a boa marcha que leva Christian Villamide. O artista lucense, sempre comprometido co bo facer nas súas propostas, segue recollendo aplausos alá por donde as súas obras pasan. Se fai ben pouco presentaba no Museo Provincial de Lugo un libro que recolle a exposición “A paisaxe contra a parede” e o seu paso por ART MADRID 18 causou sensación, agora está de noraboa grazas ás numerosas visitas e boas críticas da súa expo “Hortus Conclusus” no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense. 

"Interésame tanto a paisaxe idílica coma a transformada polo home e tamén o noso crecente desapego emocional e intelectual co propio espazo natural. Falo dunha relación de desafío entre o mundo natural e o artificial, desa natureza que vamos construíndo e moitas veces prostituíndo para adaptala mellor os nosos intereses mercantilistas e especulativos. Pero tendo en conta que o que está en verdadeiro perigo é a nosa actitude hacia a natureza, máis ainda que a propia natureza.
Christian Villamide
Fonte: Christian Villamide

Na expo atoparás as seguintes obras: 

“Hábitat restituido”

Serie de traballos en mármore donde a paisaxe esta recreada por laxas de pedra extraídas das mismas montañas.

 “Paisaxes cautivas”

Serie de paisaxes sobre pezas de mármore no que a natureza está en posición horizontal (contra natura) e as estructuras de vexetación están suspendidas por anclaxes. A natureza está supeditada á transformación da industrialización.

“Topografías” en esta última serie traballo sobre distintas serras ou montes de Galicia e como estes espazos son transformados.

Serra do Xistral, A Penouta, A Serra do Eixo, O Monte Pindo, Pena Trevinca entre outros. Sempre se dixo que a fe move montañas, como si estas estuvesen por riba do noso poder, pero xa Plinio o bello no século II antes de Cristo facía tratados entre arte e natureza e criticaba a destrución das montañas para extraer a mármore e a pedra.

“Proyectos para restituir montañas”

Proxectos para restituir montañas, título este último bastante irónico nestes traballos uso con frecuencia os patrós de despiece usados na patronaxe de prendas e usando este simil irónizo sobre o despliegue no territorio que fai o ser human

Serie Hortus Cunclusus

A expo estará ata o 06 de Maio
Horario: Luns a sábado de 11.00 a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h. Precio: De balde

+INFO -web oficial do centro cultural- 

Christian Villamide

Christian Villamide (Lugo, 1966), inicia os estudos plásticos na Escola de Artes Plásticas da súa cidade natal en 1985, aínda que en realidade pódese considerar autodidacta e case inmediatamente, realiza a súa primeira exposición na Deputación. Desde entón, as súas mostras estendéronse por toda España.

Ao longo da súa traxectoria participou en eventos como ESTAMPA, ARCO en Madrid e ESPAZO ATLÁNTICO en Galicia, así como bienais de distintas provincias españolas, destacando a II Bienal de Canarias (Arte, Arquitectura e Paisaxe) en 2009. Tamén realizou ilustración, deseño, fotografía e decoración, así como gravado, técnica que ten importancia na traxectoria deste artista. Villamide é un pintor completamente conceptual, participa do minimalismo. Nas súas pinturas establécese un diálogo entre a natureza e a paisaxe industrial, reflexiónase sobre fractúraa que se produce entre o home e a terra, intervindo a paisaxe con texturas e cores neutros conformando unha gran cordillera como instalación ou unha paisaxe insólita, alterado e inhóspito como peza individual.