BOOM: Concerto dos Corvus Corax no Arde Lucus

Concerto de talla internacional para un evento mundial como é o Arde Lucus
Os berlineses Corvus Corax  levan a música medieval aos nosos días conquistando un éxito sen precedentes en todo o mundo: de Moscú a México, de Japón aos USA, Europa de punta a punta… e agora, Lugo. 
Corvus Corax

Marzo 2019 A tres meses tres do Arde Lucus 2019, en plena presentación do programa de actividades do Arde Lucus Cultural, a concelleira Carmen Basadre soltou unha das bombas musicais do ano en Lugo: concerto dos Corvus Corax no Arde Lucus.

B O O M

A falta de confirmar data, hora e lugar, as expectativas son máximas, xa que estamos a falar da gran banda revolucionaria da música medieval que desde  finais dos 80, disco a disco, concerto a concerto, a está a levar a cotas xamáis imaxinadas.

As súas melodías ancestrais, sons de épocas lonxanas e ritmos poderosos traen o espíritu de tempos pasados ao século XXI e han sonado en múltiples e variadas colaboracións: con Hans Zimmer (“Gladiator”, “Piratas del Caribe”) para escribir a música para la película “Templario (Ironclad)”, coa BBC para o documental “The Crusades”, presentado por Terry Jones de Monty Python, no videoxogo “Dragon Age”… ata tocaron para o equipo e reparto de “Juego de Tronos” no set de rodaxe nalgunha festa privada.

Corvus Corax combinan músicas ancestrais con fantasía moderna, experimentan con sons de diversas culturas e con instrumentos algo tolos creados por eles mesmos. Todo co obxetivo de conmover almas e facer bailar ao público como o famoso baile de San Vito da Edad Media.

Promotora – lucense- : La Liebre Dinamización Cultural