Tele-Clube propón unha festa única preto do río Miño para despedir o seu segundo verán de vida: concertos de ALLOVA e ATENCIÓN TSUNAMI con delicias do Restaurante Paprica para degustar.
DJ TRISTÓN no Ho! Gruf para rematar a festa.
Agosto 2019 Tele-Clube despedirá o seu segundo verán de vida o venres 30 de agosto na terraza con vistas ao río da Universidade Nacional de Educación A Distancia (UNED) na Tolda de Lugo cos concertos de Allova (A Coruña) e Atención Tsunami (Madrid) mentres se degustan as delicias culinarias que preparará o restaurante lucense “Paprica”. Despois, a cita é no Ho! Gruf co DJ Tristón para rematar a festa «Ola Setembro»
Allova: triphop e indie electrónico da man de Alla Mikhaylova (cantante, pianista e compositora de orixe rusa). Logo de tocar no 17 Ribeira Sacra e na Osa de Mar e antes de actuar no Festival da Luz, Allova interpretará coa súa banda na terraza da UNED cancións nas que se entremezclan o piano con instrumentos acústicos, nun directo no que cabe a improvisación a partires de loops irrepetibles.– Bandcamp – Facebook
Atención Tsunami: banda madrileña cuio disco “Silencio En La Retaguardia” foi considerado o mellor do ano para El Mundo e para a Mondosonoro. – Bandcamp- Facebook
DJ Tristón: proxecto en solitario de Ismael de The Fakes que ofrecerá unha sesión de diferentes estilos, dende a cumbia a ayahuasqueira, sons africanos ou rock cun “lixeiro toque electrónico”.Facebook






