ABRIL 2018 Coas entradas vendidas a dous días da cita, a nova asociación cultural lucense «Teleclube» debutou de xeito formidable coa súa proposta de concertos de calidade (Espiño e os Autumn Comets estiveron xigantes), en lugares selectos (La Ferretería, un espacio incríble en Lugo para a arte e os eventos) e con posibilidade de comer da man dun ou dunha crack das nosas cociñas (nesta ocasión Álvaro Vilasante do Paprica).  

Se o Berio Molina gañou o pasado ano o premio ao libro máis libre, brillante e innovador do 2017 co seu tratado sobre os sons das letras «Setras», nos vimos de capturar coa cámara as cores das cancións de pop luminoso de Espiño e as cores da electricidade entre furiosa e calma dos Autumn Comets 😉 … por tomarnos con sentido do humor o feito de que nalgún momento estropeouse a tarxeta e perdimos casi todas as fotos da xornada. Conseguimos recuperar algunhas…velaiqui as tedes: